Pedro Blanco reivindica que Moncloa está «a recuperar o tempo perdido» con Santiago
O delegado do Goberno anuncia xunto á alcaldesa de Compostela o remate das obras da intermodal que abrirá ao público en maio, o aparcadoiro, con 900 prazas de estacionamento, estará listo en xuño de 2026

O delegado do Goberno, Pedro Blanco; a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o director xeral de Adif, Juan Pablo Villanueva. / CONCELLO

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu na mañá deste venres o delegado do Goberno en Galicia, o socialista Pedro Blanco, e mais o director xeral de Adif, Juan Pablo Villanueva. A razón deste encontro foi comunicarlle ao Concello o estado das obras da estación intermodal, que se prevé que se abra aos viaxeiros no mes de maio. En canto ao aparcadoiro solicitado –de 900 prazas de estacionamento e un orzamento de arredor dos nove millóns de euros–, a súa apertura terá que agardar ao verán de 2026, xa que a obra ten unha duración estimada de nove meses.
«Creo que é un día para celebrar, porque son boas noticias para Compostela», afirmou Pedro Blanco, que aproveitou a súa intervención para reivindicar as actuacións do Goberno central na capital de Galicia non só coa construción da intermodal, senón tamén coas actuacións no parador do Hostal dos Reis Católicos ou coa construción da EDAR da Silvouta.
Segundo o delegado do Goberno, o Estado «está recuperando nin mais nin menos que o tempo perdido» en Santiago, xa que en anteriores anos a capital galega estivo «dalgún modo, olvidada» en canto a investimentos estatais. Como delegado do Goberno, Blanco apuntou a intención do seu departamento de «poñer a capital de Galicia exactamente no lugar que lle corresponde, que é o lugar que empeza a ter».
A alcaldesa de Santiago celebrou que proximamente será unha realidade a posta en marcha da intermodal, «unha infraestrutura cun investimento que temos que agradecer neste caso ao Goberno central», e puxo en valor que vaia ser nomeada como estación Daniel Castelao, no ano no que se conmemora a figura do artista, político e intelectual rianxeiro. Un detalle que Sanmartín ve como «especialmente simbólico e significativo», e non evitou lembrar que esta denominación «foi aprobada por unanimidade na Corporación municipal e trasladada –ao Goberno central– e foi aceptada».
O responsable de Adif sinalou na súa intervención que as obras están na súa fase final «con toda a documentación, tanto de seguridade coma de interoperabilidade» para a súa posta en marcha, coa «previsión de que toda esta documentación estea entregada ao longo deste mes, previsiblemente a finales». Confía en que poida estar operativa en maio, aínda que insistiu en que dependerá «do tempo que requira a Agencia de Seguridad Ferroviaria».
En calquera caso, á falta dos últimos toques na arquitectura interior da estación e da entrega da documentación da axencia de seguridade ferroviaria, o director xeral de Adif non quixo aventurarse a dar unha data concreta, polo de agora, para a ansiada inauguración da Estación Intermodal Daniel Castelao.
Respecto do aparcamento, Juan Pablo Villanueva lembrou que é un proxecto que xa está en exposición pública, a fin de empezar os traballos de ejecución «ao longo deste ano», previsiblemente en setembro. A obra, dotada con 9 millóns de euros, ten unha duración aproximada de nove meses e, en tanto que estará financiada con fondos europeos, «debería estar acabada en xuño do ano 2026».
A rexedora recalcou neste punto que o aparcadoiro «como ben sabedes, levamos moito tempo reclamando porque entendemos que é moi importante, non só para a propia estación intermodal e para ese servizo de viaxeiros e viaxeiras, senón tamén porque pode ser un lugar, un espazo que faga que aquelas persoas que teñan que ir ao Ensanche, á zona comercial, se poidan servir del como punto de referencia».
Unha inauguración anunciada polo edil Sindo Guinarte
A novidade achegada logo da xuntanza entre a alcaldesa, o delegado do Goberno central e o director xeral de Adif xa non era tal logo de que se adiantasen en facer o anuncio da apertura da estación intermodal o concelleiro do PSOE no Pazo de Raxoi Sindo Guinarte e o líder dos socialistas santiagueses, Aitor Bouza. O pasado sábado convocaban á prensa na pasarela da intermodal para, precisamente, informar da apertura do espazo, aínda que apuntaban a despois da Semana Santa; non será tan cedo, haberá que agardar a maio.
Guinarte e Bouza informaban naquel momento tamén de que a demanda dun aparcadoiro con 900 prazas de estacionamento ía para adiante, e aí si atinaban mellor, fixando o verán de 2026 coma o momento da inauguración do parking, ao contar a obra cun prazo de execución de nove meses.
Outro dos anuncios feitos este venres por Sanmartín e Blanco, a denominación da estación intermodal como Daniel Castelao, adiantaba así mesmo o pasado sábado Sindo Guinarte, puntualizando tamén que se manterían arredor da figura referente das letras e da política galega unha serie de exposicións, algunhas delas de carácter temporal mais outra que se mantería de xeito permanente na infraestrutura da rúa do Hórreo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El avión más grande del Ejército del Aire realiza una escala técnica inesperada en Santiago antes de recoger tropas españolas en Estados Unidos


