Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reclaman un espazo para que o tirador con arco, José Paz, poida preparar os Xogos Paralímpicos 2028

O compostelán ten que desprazarse ata Ferrol tres días á semana para poder adestrar

O compostelán José Paz, tirador paralímpico

O compostelán José Paz, tirador paralímpico / EFE/ Lavandeira Jr

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

El Correo Gallego

Santiago de Compostela

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, José Ramón De la Fuente, reclámalle ao goberno local que habilite un espazo de 100 m2 para que o tirador con arco, José Paz, poida preparar en Santiago, sen ter que trasladarse ata Ferrol, os Xogos Paralímpicos de 2028. “É unha mágoa -dixo De la Fuente- que un compostelán busque levar o nome da cidade aos xogos olímpicos e dende o Concello o ignoren e sería un erro que fose outra vila a que, finalmente, o promocione”.

José Ramón De la Fuente engadiu que “nin sequera, o reciben, o que demostra unha total falta de sensibilidade cun veciño de Santiago que sufre distrofia muscular que o mantén incapacitado e que é un exemplo de vida, loita e superación, algo que debera, por si mesmo, derrubar calquera obstáculo político e administrativo”.

Para o popular, o problema, ademais da evidente falta de sensibilidade, é que “o goberno municipal carece de política deportiva, limítanse a intentar saír do paso, día a día, sen ter feito unha diagnose das necesidades, tanto loxísticas como de instalacións, nin ter un plan de infraestruturas deportivas, tal e como se comprometeron no seu programa electoral”.

“O máis sorprendente de todo -indicou De la Fuente- é que todos os problemas que atopa José Paz en Compostela, en Ferrol si foron capaces de arranxalos e ata alí ten que acudir tres días á semana para adestrar”.

“Os nacionalistas aseguraron que Santiago permitiría o uso social e masivo das instalacións deportivas, ademais de abrir, totalmente, as portas das infraestruturas deportivas para todas as idades e para diferentes capacidades, pero á vista está que non era realmente unha intención, nin sequera una promesa, só era pura propaganda”.

De la Fuente remarcou que “na cidade faltan instalacións deportivas e as que hai non están a ser aproveitadas axeitadamente porque non hai plan nin vontade, o goberno local tomou a decisión de priorizar outras áreas de xestión máis cómodas para o seu entramado ideolóxico e deixou abandonado o deporte, que xestiona con evidente desgana e falta de ideas”.

“Se o Concello non é quen de atopar un espazo de 20x5 metros, co fin de que un compostelán poida adestrar para unhas Paraolimpiadas, que podemos esperar de darlle solución aos graves problemas de instalacións que temos na cidade?”, concluíu.

Tracking Pixel Contents