Numax celebra os 30 anos de cine do director Alfonso Zarauza e o seu vínculo con Santiago
O ciclo comeza o sábado 26 de abril coa proxección do filme 'A noite que deixo de chover', presentado por Miguel de Lira

O director compostelán Alfonso Zarauza, que cumpre 30 anos no cine / Cedida
O Cinema Numax acolle unha completa retrospectiva dos 30 anos de carreira de Alfonso Zarauza, director e produtor fundamental no cinema galego contemporáneo cuxa obra está estreitamente vinculada coa cidade de Santiago. O ciclo arrancará o sábado 26 de abril co filme A noite que deixou de chover, presentado por Miguel de Lira e o propio Zarauza. As entradas para esta sesión e todas as do ciclo xa están á venda.
En 1994 un mozo de 21 anos daba os seus primeiros pasos na dirección de cinema coa súa primeira curtametraxe protagonizada por outro mozo, prometedor actor, que contaba con 23. O cineasta respondía ao nome de Alfonso Zarauza e o actor ao de Luis Tosar, a curta titulábase Hay que joderse e tivo a súa estrea nos cines Valle Inclán en febreiro de 1995. «Trinta anos e moitas películas despois chega o momento de botar a vista atrás e celebrar estas tres décadas de cinema nas que Alfonso Zarauza retratou as vidas da xente de Compostela en obras moi variadas en canto a formatos, linguaxes e duracións», explican desde Numax.
Retrospectiva completa
«No Cinema Numax estamos moi felices de acoller unha retrospectiva case completa pola obra do noso querido Zarauza, cun programa que arranca o sábado 26 de abril cun evento moi especial no que reestreamos A noite que deixou de chover, peza clave da súa filmografía, dirixida en 2008 e protagonizada polo propio Tosar xunto a Miguel de Lira. Precisamente o actor carnotán, acompañado de Zarauza, ofrecerán a presentación e coloquio desta sesión na que tamén se vai proxectar a curta A danza de Katiuska (1998), protagonizada por Ursia Gago e Luis Tosar.
A continuación, de martes en martes até finais de maio, a sala de cinema programará todas as longametraxes do director compostelán, acompañadas de numerosas curtas que nestes 30 anos «completaron unha obra creativa e poliédrica coa que tamén viaxaremos polas últimas tres décadas da cidade».
Cada sesión irá, ademais, acompañada de numerosas persoas convidadas, actores e actrices que canda Zarauza rememorarán os procesos creativos das súas obras.
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Christian Gálvez: «Santiago es mi segunda casa y es parte de mi vida»
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Suspendida la huelga indefinida de buses en Santiago tras el principio de acuerdo entre patronal y sindicatos
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Los trabajadores votan este miércoles si desconvocan la huelga de buses en Santiago
- Rechazo del sector del transporte al preacuerdo con la patronal: ¿Qué pasa con la huelga en Santiago?
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
