Esgotadas as entradas para gozar o ‘Alvala’ de Faia no Teatro Principal
O segundo traballo discográfico da artista preséntase o mércores 23 de abril

Imaxe promocional de ‘Alvela’ de Faia. | / CEDIDA
Redacción
O pasado 25 de marzo saían á venda, a través do portal de Compostela Cultura, as entradas para asistir á estrea do segundo traballo discográfico de Faia, Alvela, o mércores 23 ás 20.30 horas. A unha semana da grande estrea, a artista colga o cartel de entradas esgotadas.
Para o día do concerto xa só é posible adquirir localidades «con visibilidade reducida», informan dende Compostela Cultura, «a metade de prezo no despacho de billetes da Zona C» –praza de Cervantes–. O edificio atende o público este mércores e os días 22 e 23 de abril, en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. De non se esgotaren tamén estas enradas, estáran dispoñibles o día do concerto dende as 19.30 horas no Principal.
No escenario do Teatro Principal e cun cheo completo, Faia interpretará Alvela, un traballo «complexo e sutil que transita pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer».
Xunto a Faia, sobre as táboas, estarán Bleuenn Le Friec (arpa) e Suelen Estar Quartet (Elena Vázquez, María José Pámpano, Macarena Montesinos e Saúl Puga). O espectáculo completarase co vestiario de Melania Freire e o a iluminación de Nonon Lab.
Lanzamento dixital do disco
A data do concerto, 23 de abril, coincide non só co Día do Libro, tamén co lanzamento do disco nas principais plataformas dixitais, a partir das 00.00 horas.
Alvela está composto por 10 temas, dos que xa se coñecen E se queres, o primeiro adianto; ademais de Dona Alvela, que parte dunha peza do romanceiro tradicional e que aborda a violencia sobre a muller no momento do parto, e Escribíache, do repertorio de Erminda Miramontes.
Foi a propia Faia quen deu a coñecer estes tres temas a través do seu perfil de Instragram e dunhas animacións elaboradas pola artista plástica Blanca Gracia. O concepto visual do álbum foi elaborado ademais xunto con Melania Freire.
Este mesmo martes a creadora publicaba o último avance de Alvela, o arrolo tradicional Teño sono, unha peza na que a arpa sostén, coa súa rítmica, o carácter circular, «case mántrico», dun canto a dúo. A poeta Antía Otero acompañou na conceptualización xeral e no seguimento do proceso deste segundo disco.
Faia Díaz
Faia Díaz Novo (Santiago, 1988) é cantante, creadora e historiadora da arte (licenciada pola USC). Compaxina a súa carreira musical en solitario coa participación en grupos como De Vacas, o Coro Encaixe e o trío Nacho.Faia.Lar. No 2018 publicou o seu primeiro disco en solitario, Ao cabo leirín, unha autoedición en vinilo centrada no cancioneiro tradicional e reinterpretado en clave feminista e contemporánea.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
