Santiago
A USC revela por que o eucalipto é unha árbore hostil para as aves
Un equipo da Universidade e o CSIC constatou que os bosques autóctonos son máis favorables para o desenvolvemento da avifauna

O equipo investigador realizou o seu traballo de campo nas Fragas do Eume / Cedida

Un equipo integrado por persoal investigador do departamento de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de constatar a través dun estudo a influencia do eucalipto na diminución da avifauna forestal. Ademais de comprobar a hostilidade da árbore de orixe australiana para o desenvolvemento destas especies, un feito xa verificado en numerosos traballos, a principal novidade consistiu en determinar «que ocorre nos eucaliptais para que sexan tan perxudiciais sobre as aves», segundo sinala o investigador principal, Fernando García.
O traballo de campo levouse a cabo no Parque Natural das Fragas do Eume. Alí, o equipo comparou 240 zonas de bosque autóctono e eucaliptal. A través desta experiencia puideron corroborar que nas plantacións de eucalipto «o que explica o declive das aves dun xeito absolutamente demoledor, con moita máis forza que as outras características, é a propia árbore, pola súa escasa oferta de alimento e refuxio», remarca García. A proporción da avifauna nos eucaliptais queda por debaixo da metade con respecto aos bosques dominados por vexetación do país.
Falta de refuxio e alimento
Deste xeito, García afonda en que o eucalipto «non ofrece recursos aproveitables para as aves». Por unha banda, «non ten ocos naturais, que son moi importantes para as aves, porque é onde aniñan, descansan ou se refuxian». E, por outra parte, «non hai insectos, non hai artrópodos. As aves, sobre todo, na época de cría, precisan dos insectos para criar os polos, e non os atopan no eucalipto», subliña o investigador.
As particularidades dos eucaliptos fan que sexan árbores «demasiado exóticas» con respecto ás autóctonas de Galicia, o que fai que as as diferenzas sexan «demasiado grandes», apunta García. «Mesmo no seu lugar de orixe, en Australia ou Tasmania, tardan máis de 100 anos en ofrecer ocos ou cavidades aproveitables para a fauna», indica, o que deriva en que nin sequera os exemplares máis grandes poidan substituír o papel ecolóxico das árbores nativas maduras.
Franxas de vextación autóctona
Neste contexto, o equipo investigador considera que nos espazos protexidos os eucaliptais deben ser retirados e restaurados con vexetación propia. Mentres, nas plantacións que están en produción propoñen como experiencia piloto deixar franxas para que a vexetación natural medre. «Isto servir íapara que haxa máis aves e permitiría que se poidan desprazar polo territorio», conclúe.
Ademais de García, o equipo está integrado por María Vidal, e Jesús Domínguez, da USC, xunto a Adrián Regos, do CSIC. A investigación foi publicada en Forest Ecology and Management.
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago

