Día das rapazas TIC: promover o traballo tecnolóxico nas escolas
Catro expertas darán a coñecer os seus traballos ao alumnado de primaria e secundaria de máis dunha vintena de centros de ensino

Marta Losada e Alejandra Lugilde son dúas das expertas en tecnoloxía que falarán co alumnado. / CEDIDA
Redacción
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza xunto ao Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e á Secretaría Xeral de Igualdade a XIII edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), unha actividade destinada a motivar as novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das tecnoloxías para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O evento vaise celebrar o vindeiro xoves, 24 de abril, de 11 a 13.30 horas na sede do Cesga (avenida de Vigo, no Campus Vida). O acto será inaugurado pola directora da Gain (Axencia Galega de Innovación) e presidenta do Cesga, Carmen Cotelo; a directora Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, María Quintiana; eo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
A actividade, destinada ao alumnado de primaria e secundaria, vai consistir nunha charla que se retransmitirá en streaming e na que participarán profesionais galegas que contarán a súa traxectoria e o que a tecnoloxía pode achegar en diversos campos para mellorar a vida. Haberá tamén unha mesa redonda, moderada pola coordinadora da área e-learning do Cesga, María José R. Malmierca, xunto a catro destacadas tecnólogas que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas novas tecnoloxías: Marta Losada, técnica do Cesga e do proxecto de QuantumSpain; Yolanda Blanco, enxeñeira de Telecomunicacións; Nadezhda Lucía Techera, estudante do grao en Enxeñería Aeroespacial na UVigo; e Alejandra Lugilde, especializada en Intelixencia Artificial.
Unha vintena de centros escolares inscritos participarán na xornada con máis de medio millar de estudantes que poderán enviar preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo coas tecnólogas invitadas. Tamén de forma presencial e ao remate do coloquio, as estudantes presentes realizarán unha visita guiada ás instalacións do Cesga para coñecer o superordenador Finis Terrae III e o ordenador cuántico galego Qmio.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio