Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OCIO

Axenda cultural: Que facer hoxe, 21 de abril, en Santiago?

O Pazo de Fonseca acolle ata o sábado 26 a mostra Narcisa e os monos voadores

O Pazo de Fonseca acolle ata o sábado 26 a mostra Narcisa e os monos voadores / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

El Correo Gallego

Santiago de Compostela

‘Narcisa e os monos voadores’, en Fonseca

O Pazo de Fonseca acolle ata o sábado 26 a mostra Narcisa e os monos voadores, un proxecto colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista xestado por Ana Costas para oito artistas coa colaboración de Carlos Villanueva. A mostra consta de oito pezas, resultado da interpretación dos oito conceptos que se lle asignou a cada artista e unha peza audiovisual que envolve o conxunto. Dispoñible de De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Proxección e coloquio cos autores de ‘Mitología de barrio’ en Numax

CINE. Numax proxecta hoxe, ás 19.45 horas, o filme Mitología de barrio. Trátase dun documental que retrata a vida na periferia de Madrid e os cambios que sofre a cidade partindo da historia dun home que adormece na súa tenda de alimentación durante unha calorosa tarde de verán. Un soño premonitorio sobresáltao; mañá a cidade cambiará para sempre e ninguén lembrará como volver á casa. Tras a emisión da película, o público terá a oportunidade de manter un coloquio en liña cos autores.

Abstracción xeométrica na galería Metro

EXPOSICIÓN. A galería Metro encara os dous últimos días da mostra El transcurso imaginado, de Anabel Álvarez Goyanes. Trátase dunha exposición de abstración xeométrica contemporánea que invita a transcender as limitacións físicas do noso espazo tridimensional e a participar no xogo das realidades visuais alternativas. Pode visitarse de 17 a 20.30 horas.

O Ateneo súmase aos actos do Ano Castelao cunha conferencia

DIVULGACIÓN. Hoxe, ás 19.30 h, o Ateneo de Santiago organiza na Rúa do Vilar, 19, a conferencia Castelao: escritor e artista, impartida polo historiador Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao.

O acto insírese nas actividades de conmemoración do Ano Castelao, que este 2025 celebra a figura do intelectual rianxeiro co obxectivo de divulgar a súa obra e pensamento. Durante a conferencia, Seixas abordará as múltiples dimensións creativas de Castelao, combinando a súa faceta como escritor, artista plástico e pensador político.

Tracking Pixel Contents