Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP denuncia o "estado de abandono que sofre o barrio do Castiñeiriño"

O concelleiro Borja Rubio di que «é unha mostra clara de como este goberno prioriza a propaganda por riba das necesidades reais da xente»

O PP denuncia o "estado de abandono que sofre o barrio do Castiñeiriño"

O PP denuncia o "estado de abandono que sofre o barrio do Castiñeiriño" / Archivo

Santiago

Borja Rubio, concelleiro do Partido Popular de Santiago, denunciou onte «o estado de abandono que sofre o barrio do Castiñeiriño», que supón, dixo, «un claro símbolo do fracaso e do desleixo que define ao actual goberno municipal».

Advertiu que esta área compostelá, a pesar de ser unha das zonas con maior potencial de crecemento e vida da cidade, «leva dous anos completamente esquecida polo goberno, quen nin sequera foi quen de acometer as melloras máis básicas que a veciñanza leva reclamando dende hai tempo, deixando este espazo nun estado indigno e intolerable».

O edil popular puxo o foco «no deterioro evidente de rúas como o Chícharo ou Divina Pastora, onde xa se teñen producido incidentes tanto con vehículos como con peóns, así como na praza Federica Montseny, que presenta un estado lamentable e que exemplifica a deixadez coa que se xestionan os espazos públicos».

«A realidade do Castiñeiriño non é unha excepción: é unha mostra clara de como este goberno prioriza a propaganda por riba das necesidades reais da xente, é evidente que non hai planificación, non hai investimentos, non hai compromiso cos barrios, só hai abandono e escusas», afirmou Rubio, antes de esixir «unha reacción inmediata por parte do goberno local».

«Mentres eles falan de sustentabilidade e coidado do espazo público, os barrios da cidade afóganse na deixadez. A veciñanza do Castiñeiriño merece algo mellor, merece, polo menos, que non se lles desprece desde o propio goberno», sinalou.

Tracking Pixel Contents