Raxoi aproba a contratación da conservación e o mantemento das áreas de xogo infantís por 1,2 millóns de euros
O orzamento repártese de 2025 a 2028 e actuarase en 90 parques e 27 áreas biosaudables

Socavón en el suelo del parque de Agros de Ramírez, junto a la Praza Roxa de Santiago / Jesús Prieto
A xunta de goberno deste luns 28 de abril vén de aprobar o expediente de contratación para o servizo de conservación e mantemento integral das áreas de xogo infantís. Unhas actuacións para as que se establece un orzamento base de licitación de 1.236.111 euros e que xa adiantara en decembro o concelleiros de Obras, Xesús Domínguez, que aproveitaba para indicar o deterioro destes parques por mor da falta de mantemento e mais das inclemencias meteorolóxicas.
Esta aprobación deuna a coñecer coma cada semana a edil de Capital cultural, Míriam Louzao, que indicou que a partida orzamentaria se distribuirá entre 2025 e 2028 e tamén que "se actuará sobre 90 instalacións de xogo infantil e 27 áreas biosaudables".
Iníciase agora un procedemento aberto de adxudicación con ese gasto autorizado de 1.236.111 euros que se repartirán da seguinte maneira: neste mesmo ano, a partida é de 274.691 euros; en 2026 a cifra será de 412.037; ao ano seguinte corresponde unha contía idéntica; e en 2028, a cifra vai ser de 147.345 euros.
A concelleira indicou tamén en rolda de prensa, que unha vez adxudicado este servicio de conservación e mantemento, o gasto de exercicios futuros queda subordinado ao crédito que para cada exercicio se autorice no respectivo orzamento.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago

