Compostela xa ten cabeza de cartel para as festas "máis picheleiras": Tanxugueiras actúan na Ascensión
O trío de cantareiras actuará o 29 de maio na praza da Quintana nun dos últimos concertos da súa existosa xira Midas

Imaxe promocional do trío Tanxugueiras. / MadKidMontes

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro, anunciou este domingo que o trío de cantareiras Tanxugueiras actuará o 29 de maio na praza da Quintana dentro das Festas da Ascensión, abrindo o cartel da programación. Un anuncio que as músicas acompañaron tamén cun vídeo a través das súas redes sociais, recalcando que se trata "dun dos últimos concertos da xira Midas" e deixando patente a súa emoción por actuaren "nunha das prazas máis importantes para nós e nunha das cidades máis importantes para nós, que é Compostela".
A edil Pilar Lueiro destacou que estas "festas tan picheileiras" continúan na liña iniciada dende a chegada ao Goberno local do equipo liderado por Goretti Sanmartín: "acoller grupos con ampla repercusión" e "apostando pola música galega e local". "Logo do éxito colleitado o ano pasado coas Fillas de Cassandra, na Quintana", agora será a quenda das cantareiras Sabela e Olaia Maneiro e Aida Tarrío, Tanxugueiras, ademais no ano ao que é precisamente ás cantareiras a quen se lle dedica o Día das Letras.
As Tanxugueiras acadaron unha ampla repercusión en toda a Península ibérica a partir da reinterpretación dos sons da música tradicional galega e teñen unha extensa rede de persoas seguidoras, acadando grandes éxitos cos seus traballos discográficos e cos temas máis recentes. A xira Midas tivo máis de 120 concertos por todo o Estado español e desembarcou no Coliseum da Coruña co fito histórico de seren as primeiras artistas en galego en encher o maior recinto pechado de concertos do noroeste estatal vendendo máis de 5.000 entradas en só 24 horas. O álbum Diluvio acumula xa máis de 60 millóns de reproducións en todas as plataformas dixitais e acadou o número 1 de vendas en tendas físicas a semana do seu lanzamento.
Este luns 5 de maio, a xunta de goberno local ten previsto aprobar, na súa reunión ordinaria, o inicio do expediente de contratación da actuación, cabeza de cartel e un dos pratos fortes das festas compostelás.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
