Correlingua: orgullo de ser galegofalantes
Cativada e mocidade tomaron este xoves a Alameda compostelá na defensa da lingua nunha nova edición do Correlingua –e xa van alá máis de dúas décadas– nas que resultaron premiados os centros Xelmírez I, Apóstolo Santiago, Xulián Magariños, Maruxa Mallo, Ponte Carreira e Monte dos Postes tivo un galardón especial o colexio de educación especial da Barcia

Javier Rosende Novo

A «capital do país» encheuse este xoves de «orgullo de ser galego», porque «o peor galego é o que non se fala», como proclamou dende o palco da música da Alameda compostelá a actriz Isabel Risco, mestra de cerimonias da entrega de premios do Correlingua 2025. Nesta edición, a vixésimo quinta e baixo o lema «A mocidade activa, por unha lingua viva», a festa-competición a prol da lingua galega culminou con premios para catro centros santiagueses, entre eles o colexio de educación especial da Barcia.

Correlingua 2025 / Mateo Jaúregui - Santiago Esturao
Os máximos galardóns leváronos o IES Xelmírez I, pola mellor pancarta, e mais o Maruxa Mallo de Ordes, pola mellor animación, da que ademais deron boa conta cos seus tambores ao subiren a recoller o diploma que acredita que foron os máis barulleiros e divertidos da convocatoria compostelá –pois o Correlingua celébrase tamén noutras cidades galegas–. Por detrás do Xelmírez I foron premiados tamén polas súas pancartas o CEIP Apóstolo Santiago e o IES Xulián Magariños, de Negreira. Na categoría de animación, por detrás do Maruxa Mallo, foron premiados o CPI Ponte Carreira, de Frades, e outro centro compostelán, o CEIP Monte dos Postes.
«Parabéns a todos vós, a todos os centros de ensino, a todo o alumnado e a todo o profesorado, parabéns e agradecemento infinito pola vosa implicación», berrou dende o palco Isabel Risco, antes de dar a coñecer os centros recoñecidos polas súas iniciativas para engadir tamén que «sempre é moi complicado decidir quen leva os premios, así que parabéns a todas, merecedes unha homenaxe».
E coma homenaxeados parecían sentirse todos os cativos e mozos aínda que non fosen recoñecidos con premios os seus traballos. Así foi no caso do alumnado centro de ensino de Zas, que marchou sen galardón pero deu boa mostra do seu bo talante e da súa querenza en favor da lingua galega: todos levaban pequenas pancartas coa realizadas por eles mesmos, coa bandeira galega por un lado e a súa palabra favorita do galego polo outro, «Quérote» ou «Agasallo» foron algunha delas.
Co alumnado e cos seus mestres e profesores, estiveron ademais de Isabel Risco, o presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, a edil popular Olaya Otero e a concelleira de Deportes e Festas, Pilar Lueiro.
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- Vuelve un popular ciclo de conciertos a la azotea de un hotel de Santiago: esta es la programación del NoitiNHas 2026
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Horario y dónde ver gratis el derbi gallego entre Obradoiro y Leyma Coruña que puede decidir el ascenso a la ACB
- La toma de posesión de Rosa Crujeiras como rectora de la USC en imágenes
- Autoconsumo y búsqueda de alimentos sanos impulsan las huertas familiares en Galicia: 'Ahora los jóvenes le dan valor
- Portosín estrenará este verano el primer pantalán para barcos de cerco que se instala en Galicia
