O día no que o ‘divorcio’ dos socialistas de Santiago chegou aos xulgados de Fontiñas
Os concelleiros expulsados do partido confían en que a xuíza admita as medidas cautelares ante a decisión de Ferraz

Mercedes Rosón, Marta Álvarez, Mila Castro e Gonzalo Muíños á entrada ao xulgado de instancia número 3. / Antonio Hernández

Durante a mañá do venres sucedéronse nos xulgados de Fontiñas varias vodas, pero o principal reclamo, cando menos para a prensa, foi máis parecido a un divorcio, o que se está a producir entre a dirección do PSOE e os edís expulsados por Ferraz: Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez. Dende as dez da mañá até aproximadamente as 13.40 os edís compareceron no xulgado de instancia número tres de Santiago ante a xuíza Isabel Lado para tratar a súa demanda de medidas cautelares ante a súa expulsión do partido.
Unha vez rematada a vista, o avogado dos concelleiros, Evaristo Nogueira, deu conta do tratado nela, á que asistiron como testemuñas o xefe de prensa do grupo municipal, a que fora secretaria de Organización da agrupación local durante cinco anos –Carmen Fernández Morante–, o secretario do Concello e o exalcalde Xosé Sánchez Bugallo. Nogueira deixou claro ante a prensa que confían en obter as medidas cautelares solicitadas. «Entendemos que a adopción de medidas cautelares debería prosperar, porque afecta ao mandato representativo», explicou o avogado, o que significa que «os cidadáns votaron a un partido político e, por tanto, aos membros dese partido político».
O letrado insistiu en que «non están certificadas en ningún caso as expulsións dos concelleiros do Partido Socialista e se non se adopta a medida cautelar, isto pode provocar que estes edís non poidan acceder ao 100% da súa actividade política» e puxo como exemplo que está en xogo a súa participación «nos diversos consellos de administración do Concello de Santiago, e ese prexuízo é irreparable, porque a demanda principal pode tardar aproximadamente un ano ou ano e pico en dilucidarse». Así e todo Nogueira matizou que «entendemos que debe adoptarse a medida cautelar que solicitamos» pero «en todo caso, imos esperar á decisión da súa señoría».
O avogado dos concelleiros expulsados engadiu que «hai casos semellantes en onde se adoptou a medida cautelar, e aquí estamos falando dunha expulsión por non comparecer a unha reunión onde o portavoz non estaba convocado e unha xuntanza onde, por mandato imperativo, sen ter competencia, o Comité Municipal Socialista designaba outro voceiro cando esa competencia é única e exclusiva do Grupo Municipal Socialista».
Fontes achegadas aos concelleiros Muíños, Rosón, Álvarez e Castro detalláronlle á prensa que Fernández Morante declarou ante a xuíza que no tempo no que se ocupou da Organización do grupo –con Mila Castro e Sánchez Bugallo– éste daba contas á dirección do partido pero non recibía del directrices. Tamén saíu á luz ante a maxistrada Lado que dende a dirección do PSOE trataron de impoñer un convenio para «pasar fondos públicos do grupo municipal ao partido», unha iniciativa que atallaron tanto o interventor coma o secretario municipal.
Os edís afíns á dirección local do PSOE, Sindo Guinarte e Marta Abal, non asistiron á vista. Até o xulgado de instancia número 3 tan só se achegou unha avogada, directamente enviada dende a rúa Ferraz, e a secretaria de Organización do PSOE local, Laura Requejo, que declarou como testemuña a petición do propio partido.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete

