Saúde mental en Santiago: búscanse 50 voluntarios para loitar contra o estigma
As persoas interesadas en inscribírense poden enviar un email a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Noela García, María Rozas e Carlos Martínez Uzal. / CONCELLO

María Rozas, concelleira de Servizos sociais presentou este martes xunto a Carlos Martínez Uzal –coordinador de Itínera– e Noela García –técnica de Xuventude– o programa Animi, unha iniciativa na que se aposta, dixo Rozas «por un enfoque diferente, botando man do voluntariado para promover accións que teñen como obxectivo reducir o estigma sobre a saúde mental, mellorar a integración social das persoas con transtornos mentais e atender situacións de risco ou de soidade non desexada».
O programa Animi está aberto á participación da mocidade de entre 18 e 30 anos, mais non só, tamén se buscarán voluntarios maiores de 65 anos. As persoas que queiran inscribirse só teñen que enviar un email a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal ou telefonar ao 981542457.
O obxectivo é chegar ao medio cento de persoas voluntarias coas que poñer en marcha cinco accións concretas: o espazo creativo e a aula de persoas adultas do Hospital Psiquiátrico, un programa de voluntariado interxeracional, clubs de lectura para o benestar en centros educativos, ciclo de cine con coloquios sobre saúde mental, e cursos e xornadas de formación. O groso das actividades comezarán á volta do verán.
A concelleira reivindicou que o voluntariado «non é só beneficioso para as persoas destinatarias senón tamén para os propios voluntarios, mellora o benestar emocional, aumenta a autoestima e mesmo mellora as relacións sociais». Por todo isto programa ten tamén un enfoque interxeracional.
Na presentación de Animi, o coordinador de Itínera, Carlos Martínez, defendeu a necesidade de atopar o equilibrio «entre a persoa e o ámbito sociocultural no que vive» e tamén puxo en valor que o voluntariado «é unha das formas máis fermosas da democracia directa, unha maneira de resolver problemas comunitarios coa participación da propia comunidade».
As actividades
O espazo creativo e aula de persoas adultas no Psiquiátrico de Conxo xa está en marcha, con obradoiros de memoria e espazos de lectura e a arte. En canto ao programa dirixido ás persoas maiores, «trátase de fomentar o envellecemento activo a través da creación de vínculos interxeracionais». Para isto, o voluntariado establecerá diferentes vías de colaboración coas residencias de maiores de Santiago.
A actividade de lectura, está dirixida aos centros educativos, «un apagón controlado», explicou Martínez Uzal, con sesións nas que se fomente o diálogo emocional a través da lectura; e o ciclo de cine vaise desenvolver en diferentes espazos da cidade, entre eles o Centro Xove.
No marco de Animi vanse desenvolver cursos e xornadas de formación, sobre a atención a persoas con transtornos mentais severos, sobre ferramentas para abordar a saúde mental a partir do audiovisual e sobre a ética e a vulneración e defensa dos dereitos en saúde mental nos ámbitos terapéutico e social e tamén dende a óptica xurídica.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
