Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O Concello reafirma o seu apoio á asociación Dano Cerebral Santiago

Goretti Sanmartín e María Rozas visitaron a sede da entidade

Sanmartín e Rozas, con membros da asociación Dano Cerebral Santiago

Sanmartín e Rozas, con membros da asociación Dano Cerebral Santiago / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa, María Rozas, reiteraron este xoves o compromiso de colaboración do Goberno municipal coa asociación Dano Cerebral Santiago, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Foi no transcurso da visita que realizaron á entidade, na que puideron comprobar a boa marcha das obras de ampliación da súa sede, que se están executando nunha parcela cedida polo Concello.

A alcaldesa loubou o traballo da entidade, «que é unha referencia máis alá de Compostela, e coa que temos toda a vontade de seguir colaborando». Sanmartín lembrou que este ano, a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais incrementou notablemente a subvención nominativa que recibe a asociación, que chegou aos 8.000 euros. Ademais, a rexedora ofreceu o apoio do Concello «como ponte para reforzar a colaboración con outras administracións».

Mellora da atención

O presidente de Dano Cerebral Santiago, Luciano Fernández, explicou que a asociación atende cada día a unhas 120 persoas da área sanitaria, a través do seu centro de día e dos diferentes programas que ofrece.

Sanmartín e Rozas aproveitaron a visita para manter unha xuntanza de traballo coa directiva da asociación. Tamén visitaron as obras de ampliación, que se están levando a cabo nunha parcela municipal. O obxectivo destes traballos é a mellora dos servizos que presta a asociación a persoas e familias con dano cerebral.

Tracking Pixel Contents