"Somos máis Santiago que partido"
O PSOE culmina a súa fractura con aviso dos expulsados: a Corporación alterouna un partido
O que até agora era portavoz socialista, Gonzalo Muíños, amosou no pleno extraordinario deste venres o seu malestar e o das súas compañeiras expulsadas do PSOE ante a celebración da sesión sen que a xustiza se pronunciase sobre as medidas cautelares que solicitaron contra esa decisión de Ferraz

Jesús Prieto
Tras un ano de conflito, o PSOE de Santiago, o partido que máis anos gobernou na capital galega en democracia, queda dende agora con dous concelleiros: Marta Abal e Sindo Guinarte. O Concello compostelán deu conta do paso á condición de non adscritos dos catro edís expulsados e que obtiveron representación en 2023 como integrantes da lista socialista: Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez.
Na sesión plenaria xa se reconfigurou a organización da bancada esquerda, quedando xuntos Guinarte e Abal, no outro extremo da fila superior Castro e Álvarez e no medio de ambos o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro (Compostela Aberta). Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños sentan a partir de agora ao carón do edil de Urbanismo, Iago Lestegás. O arranque do debate foi a toma de consideración da condición de non adscritos e da modificaciónda composición de consellos e comisións por este motivo, algo que lamentou Muíños na súa intervención pois "múdase a composición de catro comisións para que poidamos participar pero quedamos fóra de máis de 25 órganos".
Na súa primeira intervención como concelleiro non adscrito Muíños non deixou de denunciar o que considera que vulnera o mandato representativo, "esta decisión que altera a Corporación local tomounas un partido", o que para os expulsados supón unha fraude para "as máis de 10.000 persoas que nos votaron". Insistiu na dificultade de "xustificar ante a cidadanía o que está pasar" e lembrou as palabras do secretario provincial do PSOE, Bernardo Fernández, que no seu día manifestara que lle importaba "un huevo" quedar sen grupo municipal en Santiago.
"Borraron os nosos nomes do grupo municipal socialista e comezou a carreira para relegarnos ao ostracismo político", afirmou o exvoceiro socialista en Raxoi". Unhas palabras que recibiron unha sucinta resposta por parte do seu excompañeiro de partido, Sindo Guinarte, que defendeu que "non ten sentido abrir debate para discutir se hai que respectar as normas". Senso que seguiu vendo Muíños, que afirmou que "este pleno non se tiña que ter celebrado, había que agardar á xustiza", e dirixiuse a todos os grupos da Corporación local para dicirlles: "Hoxe todos vostedes falan como delegados dos partidos, son máis partido que Santiago, e queda claro que nós -en referencia aos non adscritos- somos máis Santiago que partido". Muíños tamén denunciou que, con esta decisión, se produce un quebrantamento da tutela xudicial efectiva.
A modificación da representación en ditas comisións aprobouse cos votos favorables dos partidos no goberno -BNG e Compostela Aberta-, os dos edís do PSOE e os catro non adscritos, pero coa abstención do PP. A celebración do pleno basease nun informe do secretario municipal que avala que as resolucións da Comisión Executiva Federal do PSOE para expulsar a Muíños, Rosón, Castro e Álvarez conteñen unha "motivación" e que foron "ditadas polo órgano competente".
Correccións de erros ou modificación do expediente de cadro de persoal?
O segundo punto da orde do día do pleno foi unha corrección de erros sobre o cadro de persoal municipal, unha cuestión que deixou patente a tensión e o malestar reinante na sesión. O edil de Facenda, Manuel César, foi quen levou a peor parte, con críticas e advertencias de todos os grupos municipais na oposición, tamén dos concelleiros non adscritos.
Foi Mila Castro a encargada de intervir en primeiro lugar para criticar que "traen o exepdiente de persoal para corrixir un erro, pero hai outro erro de vulto", comezou, en relación ao cambio de condición dos catro edís expulsados. Castro interrogou a César sobre "a que se dedicou o concelleiro e os asesores?" para remarcar que se contiñan no documento "once erros de distinta índole, e este volume de erros non é serio".
Castro pediulle ao Goberno local e, en particular al edil de Facenda, "responsabilidade institucional e respecto aos traballadores" municipais e advertiu que só por estes últimos os non adscritos votarían a favor da modificación pero "isto non vai ser a norma, é un aviso a navegantes".
Dende o grupo municipal socialista, a edil Marta Abal defendeu que "máis que unha corrección isto é munha modificación" e sinalou que se reduce o número de efectivos e que a información achegada á oposición estaba incompleta. "Xa se está facendo costume que traian cousas incompletas e cremos que non é despiste senón vontade de ocultar información".
Nesta mesma liña manifestouse polo Partido Popular a edil Rosario Ferreiro que definiu os erros como "outro sinal de debilidade deste goberno". Ferreiro reprochoulle ao Executivo de Goretti Sanmartín que "non deixan de equivocarse" e sinalou que no último anexo se fai referencia a axentes de desenvolvemento local en lugar de Policía Local, ademais, respaldou as palabras de Abal en relación a que "non se dá acceso á información" á oposición.
Manuel César defendeuse das acusacións alegando que "facilitamos a información que tiñamos e díxose que se mandaría a que faltaba, a concelleira Marta Abal mente". Afirmou, como tamén fixo a rexedora, que non hai vontade de ocultar información. "Quen non traballa non erra, pedimos desculpas pero non hai vontade de falta de transparencia", asegurou Sanmartín.
Explicacións, as da alcaldesa e as do edil de Facenda que non deixaron satisfeitos nin a PP nin a PSOE. "No grupo municipal socialista queremos facer unha oposición construtiva, pero se queremos ser duros podemos votar en contra, faciliten todo o expediente dende o minuto un", esixiu Marta Abal. Tamén Ferreiro ratificou as palabras da socialista indicando que "o expediente mandouse incompleto por dúas veces, pero non imos obstaculizar a súa corrección". Así, a proposta aprobouse cos votos a favor de BNG, CA, PSOE e non adscritos e coa abstención do PP.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas

