O comercio local de Santiago volve saír á rúa co Prima 25: música, teatro e premios para todos os públicos
A concelleira María Rozas presenta unha nova edición da feira, que combina cultura, música e dinamización do tecido comercial

Prima 25 celébrase do 5 ao 7 de xuño en Compostela / Antonio Hernández

O comercio local de Santiago volverá ser protagonista na cidade coa celebración do Prima 25, unha festa que terá lugar do 5 ao 7 de xuño en distintos barrios e espazos públicos de Compostela. Así o anunciou este xoves a concelleira de Dereitos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, quen destacou que o obxectivo da iniciativa é “animar as vendas no comercio local, poñer en valor a compra presencial e atraer novos perfís de clientela”.
Rozas lembrou que o Prima naceu en 2020, en plena pandemia, como unha resposta para reactivar o comercio de proximidade tras os meses de peche. Cinco anos despois, o evento mantense como unha cita consolidada que busca, segundo a edil, “facer cidade e facer comunidade” a través do consumo local e as actividades culturais nas rúas.

Pasarrúas na Praza de Cervantes en Santiago durantea celebración da feria Prima 24 / Antonio Hernández
Pasarrúas, espectáculos e unha ruleta de agasallos
Durante tres días, o Prima 25 traerá pasarrúas musicais, espectáculos para público familiar, teatro e música a cargo de nomes destacados da escena artística como María Faltri, Pedras de Cartón, Golfiños, Paporrubio e Circópatas, xunto con concertos de Catuxa Salom e Abril.
A programación comeza o xoves 5 de xuño pola tarde, con música nas rúas do Ensanche a cargo de Brasil Carrapa. O venres 6 e o sábado 7 as actividades estenderanse por diferentes zonas comerciais de Conxo, San Pedro, Fontiñas, Praza Roxa, Praza do Obradoiro e Praza de Feixó.
Ademais, a tradicional “ruleta de agasallos” tamén regresa: poderán participar todas as persoas adultas que presenten un tícket de compra no comercio local superior a 5 euros, realizada entre o 1 e o 7 de xuño.
A ruleta estará dispoñible o venres pola tarde na Praza Roxa e o sábado pola mañá na Praza do Toural. “É un dos principais atractivos do Prima, e ademais toca seguro”, asegurou Rozas.
"Eu merco aquí"
Desde o Concello, distribuiranse bolsas promocionais co lema “Eu merco aquí” para dar unidade visual á campaña. Ademais, a programación completa estará dispoñible en www.comerciolocal.gal e en carteis repartidos polos establecementos.
A concelleira quixo rematar a súa intervención cun convite a todo o tecido comercial da cidade: “Animo aos comerciantes a saír das súas tendas, sacar os produtos ao exterior, poñerse guapos e disfrutar desta festa do comercio”.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene