A paralización da senda verde polo Banquete aviva a polémica na política local
A alcaldesa acusa o líder do PP de dicir que de ser alcalde «non atendería os informes de patrimonio», cuestión que Borja Verea nega mais apunta a que concluiría o proxecto

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, debate con Borja Verea durante un pleno en Raxoi. / Jesús Prieto

A Xunta de Galicia vén de desistir do seu proxecto de atravesar coa senda peonil e ciclista, Senda verde, entre O Milladoiro e San Caetano, o bosque do Banquete de Conxo, que ademais conmemora esta fin de semana o aniversario daquel xantar popular que reuniu estudantes e obreiros aló por 1856. O proxecto inicial da Administración autonómica espertou as protestas da veciñanza e de grupos ecoloxistas na defensa da contorna natural da zona. O proxecto alternativo que decidiu o Executivo de Alfonso Rueda bordeaba o bosque, máis próximo á área do Hospital Provincial, pese ao informe desfavorable de Patrimonio da Xunta.
Unha vez que a Administración autonómica decidiu abandonar o trazado da Senda verde nesa área, lonxe de esvaerse, a polémica local avivouse, pois o líder da oposición, o voceiro do Partido Popular, Borja Verea, sempre foi firme defensor desta senda, fronte ao «tripartito» de esquerdas que dende o comezo alertou dos prexuízos que o trazado e os movementos de terras carrexarían para a contorna natural do bosque do Banquete e as súas árbores centenarias, sen esquecer que dito trazado linda co mosteiro de Conxo, incluído na protección compostelá como Patrimonio Mundial da Unesco –a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura–.

Trabajos de desmonte en las proximidades de las vías del tren para construír la senda de la Xunta cerca de Conxo / Conxo Aberto
Durante a presentación do novo equipo da Casa das Mulleres Xohana Torres, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valorou as declaracións realizadas por Borja Verea, onde o líder do PP afirmaba: «Retomarei o proxecto na súa integridade» se en 2027 accede á alcaldía santiaguesa. A rexedora tachou esta actitude de «rastreira e manipuladora», apuntando a que o que estaba a dicir Verea era que «se fose alcalde non lle vou facer caso aos informes de patrimonio», o que Sanmartín destaca coma unha actitude caciquil.
O líder popular, no comunicado enviado esta semana, logo de facerse público que a Xunta non actuará nese tramo do trazado e de que o diñeiro que se ía investir aí pasará a outro concello, afirmaba así e todo que retomaría o proxecto íntegro e mesmo o ampliaría «sempre cumprindo todos os requisitos de Patrimonio». Algo que non convence á rexedora, que considera que «debera pedir desculpas pola afectación patrimonial» que suporía o trazado que el sempre defendeu como propio.
Nesta liña, Sanmartín foi máis alá e denunciou que o que se desprendía destas declaracións era «o desprezo de Borja Verea polos informes técnicos», unha actitude que definiu como unha maneira de funcionar «non democrática».
Goretti Sanmartín, nas súas declaracións, máis alá de tachar de «caciquil», ao seu ver, a actitude do líder da oposición, comparou a Borja Verea cunha «reencarnación de Conde Roa», alcalde popular de Compostela electo en 2011 e cuxo mandato estivo rodeado pola corrupción e pola polémica –el viuse obrigado a dimitir e nesa lexislatura do PP a capital de Galicia tivo tres rexedores populares–.
O PSdeG pide retomar o carril bici directo
Por outra parte, o grupo municipal socialista de Santiago presentará no pleno do 3 de xuño unha proposición para instar a Xunta a retomar a execución do carril bici directo entre Santiago e O Milladoiro. Na súa petición, promove que se teña en conta a accesibilidade e a protección do patrimonio cultural e natural da zona de Conxo.

La senda peatonal y ciclista que unirá Milladoiro con San Caetano avanza su construcción y llega estos días al entorno de Pozo Real / Conxo Aberto
O portavoz socialista, Gumersindo Guinarte, lembrou que a súa formación xa advertira do "destrozo" que faría a senda proxectada en zonas coma o Banquete de Conxo e que agora foi descartada por informes de Patrimonio. "Agora, a Xunta o que fai é ter unha pataleta e decide castigar a Santiago e destinar os fondos que estaban previstos para esa senda a outros concellos", indicou en declaracións aos medios este venres.
Nesta liña, instou o Executivo autonómico e o Goberno local a "traballar e poñerse de acordo para recuperar o proxecto de comunicación de carril bici directo entre O Milladoiro e Santiago" e, desa forma, "aproveitar eses fondos para establecer unha conexión directa".
Suscríbete para seguir leyendo
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta

