Accesibilidade universal: Raxoi anuncia obras en case unha vintena de puntos da cidade
Entre o 9 e o 14 de xuño repararase o empedrado da Ponte de Sar

Raxoi anuncia obras en case unha vintena de puntos da cidade / CEDIDA
O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, anunciou na mañá deste mércores que o Concello de Santiago actuará en 18 puntos da cidade na procura de conseguir unha accesibilidade universal e "en igualdade de condicións" dentro da iniciativa do Goberno local de lograr "unha Compostela boa para vivir".
As actuacións, orzamentadas en 366.328 euros, van na liña das realizadas na praza da Mercé, de preferencia peonil, e sumarán pasos de peón elevados como xa se fixo nas avenidas de Ferrol ou Xoán XXIII.
Algunha destas obras xa deron comezo na primeira semana de maio nas rúas do Río, do Lavadoiro e do Avío, e as seguintes, até 14 puntos, afectarán a viais coma Irmandiños, Betanzos, Xasmíns, Costa do Veedor e Varsovia, Berlín e Dublín nas Fontiñas, entre outras.
O prazo de execución desta primeiras actuacións é de oito meses e contan cunha partida de 189.956 euros.
O edil Xesús Domínguez fixo referencia ao Plan estratéxico de accesibilidade universal de Santiago, presentado o pasado mes de febreiro.
"Un plan participativo" cuxas actuacións se decidiron "a partir de incidencias detectadas a través de diversas ferramentas do Concello polos servizos municipais".
O responsable de Obras fixo tamén referencia a algunhas das actuacións que xa están en marcha, coma os traballos no cruce das rúas Xeneral Pardiñas con República do Salvador que "en tres semanas de execución -das catro previstas encaran a recta final".
Unha obra cunha partida de máis de 50.000 euros que se abrirá ao tráfico a comezos de xullo, "logo dun mes de fraguado".
Actuacións nas pontes de Sar e Sarela
O concelleiro Xesús Domínguez explicou en rolda de prensa que entre os días 9 e 14 de xuño se acometerán traballos na Ponte de Sar, cuxo empedrado se mostra moi deteriorado, como denunciaron a veciñanza e mais a oposición.
"Neses días a ponte permanecerá pechada ao tráfico para proceder á reparación do empedrado da calzada", unhas actuacións ás que se van destinar 11.930 euros para substituír "todas as pedras rotas".
O edil de Obras anunciou tamén que o Bipartito está tamén a avaliar "intervir na ponte con actuacións de mellora para máis longo prazo". Mentres, nesta primeira intervención de xuño desviarase o tráfico polas rúas Picaños, Da Estrada, Restollal e Diego Bernal -nas Fontiñas- e ofreceranse desvíos alternativos para o transporte escolar e o urbano, na liña que realiza o traxecto á parroquia de Aríns.
Preguntado pola prensa, Domínguez referiuse á necesidade de actuación na ponte do Carme de Abaixo, que levantou protestas veciñais e sobre o que Raxoi explicaba que non había orzamento para eses traballos. "Buscarase a maneira de resolver", dixo o concelleiro, que puntulizou que xa se realizaron algúns rebacheos.
Pasos escolares e Campo de San Clemente
Na súa intervención o edil de Obras repasou tamén actuacións pendentes para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria dos máis cativos, con pasos elevadoa nas rúas dos Loureiros e nas Rodas. No primeiro dos casos tratase da mellora do itinerario escolar entre Loureiros, o Campo do Carme e a Estila.
A intervención na rúa das Rodas cun paso elevado procura un acceso máis directo e seguro para as crianzas e nais e pais escolarizados na gardería A Galiña Azul, no barrio de San Roque.
Xesús Domínguez comunicou tamén que "unha vez rematada a obra de humanización e mellora da accesibilidade na rúa do Pombal" se procederá a actuar no Campo de San Clemente e no aparcadoiro alí situado.
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad


