O PP de Santiago reclama o reforzo de persoal no Centro de Información á Muller
«Non conta cun equipo técnico suficiente para atender a demanda», sinala Rubio

Borja Rubio, en Raxoi. / Cedida
Borja Rubio, concelleiro do Partido Popular na capital galega, vén de alertar da "necesidade urxente" de reforzar o Centro de Información á Muller (CIM) de Santiago, «posto que, neste momento, non conta coa suficiente dotación e precisa reforzos inmediatos co fin de garantir unha atención integral ás mulleres», indicou.
«Estamos ante un servizo esencial na loita contra as violencias machistas e na atención integral ás mulleres, e o servizo continúa sen contar cun equipo técnico suficiente para atender a demanda crecente da cidadanía», engadiu o edil popular.
Rubio subliñou que «as profesionais do CIM realizan un traballo exemplar e comprometido», pero advirte que «sen unha aposta decidida por parte do goberno nacionalista, o servizo non pode ofrecer a atención que as mulleres compostelás merecen neste momento». «Temos un goberno que presume de compromiso coa igualdade, pero mantén un dos seus principais servizos sen reforzos reais nin planificación a medio prazo», sinalou.
O concelleiro do PP afirmou que «é necesario pasar das declaracións simbólicas a políticas públicas reais que garantan recursos humanos estables e suficientes, xa que a igualdade non se defende con pancartas ou actos institucionais, senón con profesionais ben atendidas, equipos completos e servizos que funcionen con estabilidade».
Aposta por un plan de coidado e apoio emocional
«Ante esta situación, o Partido Popular de Santiago propón a contratación inmediata dunha educadora social que complemente o traballo xurídico e psicolóxico do CIM, así como o reforzo do equipo de atención psicolóxica con, polo menos, unha nova profesional a tempo completo, manifestou Rubio, ao tempo que indicou que «considera imprescindible a creación dun plan de coidado e apoio emocional, dirixido ao persoal técnico do centro, co obxectivo de garantir o seu benestar e evitar situacións de desgaste».
O concelleiro popular reiterou que «se queremos, de verdade, unha cidade comprometida coa igualdade, entón temos que demostrar iso dotando ben os servizos que fan posible esa igualdade, pero, neste momento, o Concello non o está a facer».
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a desalojar el edificio: 'Se escucharon explosiones en la cubierta
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados