Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festas da Ascensión

A Ascensión, de mercado de gando a gran festa de Santiago

As feiras compostelás eran na súa orixe un referente no panorama rural galego e convocaban a centos de gandeiros e tratantes

A Feira da Ascensión comezou na década dos 50 a ser o festexo actual. | ECG

A Feira da Ascensión comezou na década dos 50 a ser o festexo actual. | ECG

REDACCIÓN

Santiago de Compostela

Actualmente a Ascensión é para os composteláns unha cita festiva, pero en orixe naceu como unha importante feira. Dito mercado de gando duraba dous días e atraía a milleiros de persoas: a cidade enchíase de xente, animais e mercadorías. A carballeira e o campo de Santa Susana eran os escenarios da feira e as rúas reservábanse para os actos festivos, que se desenvolvían xunto ao mercado.

A Ascensión, de mercado de gando a gran festa de Santiago

A Ascensión, de mercado de gando a gran festa de Santiago

Con todo, a Feira da Ascensión non foi o festexo que hoxe coñecemos ata a década de 1950, momento no que os cambios no sector gandeiro implicaron unha gran caída das grandes feiras anuais. Ata ese momento, as feiras santiaguesas eran un referente no panorama galego e convocaban a centos de gandeiros e tratantes. O ambiente da feira facíase patente desde días antes, xa que o comercio engalanábase, anunciaba as súas vendas especiais, as funcións relixiosas e as actividades festiva, e, sobre todo, os bailes. Na véspera os animais percorrían a cidade, os feirantes armaban os seus vivas na carballeira e comezaban a traballar os postos de comida. Esa tarde-noite era o punto de partida do evento, xa que os veciños e visitantes achegábanse a probar a comida.

A Ascensión, de mercado de gando a gran festa de Santiago

A Ascensión, de mercado de gando a gran festa de Santiago

De feito, houbo un tempo no que esa xornada era apodada como «a proba dos churros». Era un evento tan popular, que incluso chegou a celebrarse un concurso non só para optar aos churros máis saborosos, senón tamén aos postos mellor arranxados. Ademais, a música, o baile e o alumeamento da Alameda completaban o ambiente festeiro.

ESPECIAL ASCENSIÓN 2025

ESPECIAL ASCENSIÓN 2025

ESPECIAL ASCENSIÓN 2025

O día grande tiña tamén o seu sobrenome gastronómico, «a proba do polbo», xa que era o momento de acudir á carballeira e ao campo de Santa Susana, a visitar os postos, entre eles, os de polbo.

Tracking Pixel Contents