Festas da Ascensión
Tanxugueiras ou De Ninghures marcan o ritmo nas Festas da Ascensión
A praza da Quintana acolleu onte o concerto de Los 40 POP Santiago e os Cantos de Taberna

Actuación de Tanxugueiras. | CEDIDA
Volve a Santiago un dos festexos máis agardados por toda a veciñanza, porque na capital galega non hai mes de maio sen as Festas da Ascensión. A cita, que arrancou onte á noite, extenderase ata o domingo 1 de xuño cun programa repleto de concertos e actuacións musicais para todos os gustos, monicreques, drons e eventos deportivos, sen esquecer a parte tradicional con citas como a comparsa de Cabezudos, o Torneo da Chave ou os divertidos Cantos de Taberna.
Os festexos arrincaron onte na praza da Quintana co concerto de Los 40 POP Santiago, que contou coas actuacións de Ruslana, DePol, Javi Chapela, Awy, Malva, Leria, Adexe & Nau e La Beba.Ademais, onte tamén tivo lugar en diversos locais do casco histórico compostelán os Cantos de Taberna.
A música continuará sendo protagonista nos vindeiros días, comezando hoxe, o día grande da Ascensión, coa actuación de Tanxugueiras a partir das 21 horas na praza da Quintana e, desde as 22.00 horas, da orquestra Marbella na Alameda. Ademais, durante a xornada haberá alborada a cargo de A.C. Devagariño, un concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e OCT Ultreia e as actuacións das agrupacións folclóricas Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia nas prazas de Santo Agostiño, de Cervantes, do Toural e do Obradoiro.

Compostela vive este jueves su día grande de las Fiestas de la Ascensión / Antonio Hernández
Terceira edición do Composfest
Mañá chegará unha nova edición do Composfet, coa presenza de Grande Amore, Helega Egea e Howling Jaws. Tamén mañá será a quenda do XLVIII Torneo da Chave na Alameda, e o día complétase con alborada a cargo de A.C. Pana Raiada pola mañá e coa orquestra Salsarena pola noite.
Sábado, Romaría das Flores en Belvís
O sábado chegará a gran novidade desta edición, a Romaría das Flores no Parque de Belvís coas actuacións de Ulex, Tona, Yeli Yeli (Cádiz), De Ninghures, Alvilda (Francia), The Peawees (Italia) ou Wanda Buluba Dj.Tamén contará coa actuación para a cativada de Uxía Lambona e a Banda Molona e cunha zona gastronómica. O sábado será tamén a quenda de Queralt Lahoz, na praza da Quintana, e da orquestra Arizona na Alameda.

ESPECIAL ASCENSIÓN 2025
ESPECIAL ASCENSIÓN 2025No último día de programación, o domingo, a actuación estelar será a da pianista e cantante Guadi Galego. Antes diso, pola mañá, haberá alborada a cargo de A.C. Xirandaina e sesión vermú coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e Ailá.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
