‘12 comercios, 12 sensibilidades’ dedica xuño á esclerose
Xunto con Atmósfera Sport e ACEM organizan obradoiros, charlas e unha carreira

A alcaldesa de Santiago con membros de ACEM. / CEDIDA

A edil de Comercio, María Rozas, presentou este venres a campaña de xuño do programa 12 comercios, 12 sensibilidades, que se centra este mes na esclerose múltiple a través da sinerxía entre Atmósfera Sport Centro Deportivo e ACEM –Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson e ELA–. A presentación tivo lugar na data de celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple.
Acompañada de Rosa Guillén ‘Tachi’ –Atmósfera– e de Marcos Moure –ACEM–, a concelleira expresou «o orgullo» que senten o departamento de Servizos sociais e o Concello en relación ao traballo que desenvolve a asociación e adiantou que durante este mes se desenvolverá un obradoiro de nutrición –o 10 de xuño– e unha mesa redonda para debater sobre parkinson e esclerose. Moure ampliou a información explicando que tamén terá lugar, o día 26, un evento no que afectados pola esclerose darán conta da súa experiencia.
En Galicia hai máis de 4.500 persoas diagnosticadas de esclerose múltiple, das cales a maioría teñen entre 20 e 40 anos e, significativamente, dúas de cada tres pacientes son mulleres.

‘12 comercios, 12 sensibilidades’ dedica xuño á esclerose / CEDIDA
Rozas valora dous anos de Goberno bipartito
A preguntas da prensa sobre a valoración que fai de dous anos de goberno, a líder de Compostela Aberta (CA) destacou «os avances na área social» asegurando que estes dous anos supuxeron «un antes e un despois, o que demostra que non dá igual quen goberne». «Estamos mellor en Santiago que hai dous anos, pero queda moito por facer», asegurou a edil María Rozas.
En canto a relación entre BNG e CA, a edil resaltou a «capacidade de diálogo e de chegar a acordos» e fronte a outras formas de facer asegurou «non comparto a política de ruídos».
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
