Á espera de avances no Parque de Bombeiros
O Concello pide á Deputación que avance no convenio de servizos sen agardar á construción do novo edificio

Antigas instalacións do Parque de Bombeiros en San Caetano. / Antonio Hernández

O concelleiro Xan Duro, responsable de Mobilidade, respondeu este venres a preguntas da prensa en relación co Parque Comarcal de Bombeiros. Segundo explicou o edil a última xuntanza coa Deputación da Coruña tivo lugar nos últimos días e agárdanse noticias para as vindeiras semanas. Trátase de coñecer o posicionamento do órgano provincial en relación coa proposta municipal de avanzar no convenio de servizos do parque sen agardar a dispor do novo edificio.
«É certo que temos que desenvolver o proxecto para a construción do novo edificio, que está a piques de saír a licitación, pero isto non é óbice ou non debe frear todo o proceso», explicou Xan Duro para incidir en que «xa dixemos que non necesitamos un edificio novo para comezar a funcionar como parque comarcal, pois as dependencias que temos actualmente son suficientes coa dotación que temos de material».
O concelleiro insistiu en que «a construción das novas instalacións vén motivada porque pode ser que o servizo medre e porque as obras do edificio da Xunta –en San Caetano– obrigaron a deixar as dependencias», de Rodríguez de Viguri. Pero así e todo aclarou unha vez máis que servizos e novo edificio son cuestións dependentes de «dous convenios independentes aínda que estean vinculados entre si». Con todo o edil confía na resposta afirmativa da Deputación da Coruña á proposta municipal e amósase satisfeito con como se avanza «logo de tantos anos» en que o Parque Comarcal de Bombeiros sexa unha realidade.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
