Santiago
Os grupos políticos de Raxoi rexeitan a creación dun novo grao en Medicina
O Pleno da Corporación aproba unha declaración institucional por unanimidade na que insta a cumprir os acordos do 2015 e a un diálogo entre as tres universidades galegas

A Facultade de Medicina de Santiago, vista desde a entrada por San Francisco / Antonio Hernández

Os grupos políticos da Corporación municipal de Santiago pecharon filas onte polo mantemento da exclusividade da titulación de Medicina na USC. O Pleno aprobou por unanimidade unha declaración institucional na que rexeita «a proposta para a creación dun novo grao de Medicina no Sistema Universitario Galego, en contra do acordado e establecido no convenio que regula a colaboración na docencia clínica do grao de Medicina da USC, asinado no 2015».
Do mesmo xeito, a Corporación compostelá «insta á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a facilitar o diálogo entre as tres universidades públicas de Galicia co obxectivo de fornecer a súa colaboración, evitando a multiplicación do grao de Medicina e procurando, no seu caso, unha actualización dos termos do convenio asinado hai unha década, a partir do consenso de toda a comunidade universitaria».
A declaración do Pleno prodúcese tras o anuncio por sorpresa a semana pasada do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, en canto á creación dun novo grao en Medicina na UDC. A postura expresada polos grupos políticos de Santiago súmase ás voces que desde a sociedade civil, a comunidade médica e científica ou desde a propia Universidade amosaron a o seu desacordo con esta posibilidade. Ao longo da semana pasada, os diferentes grupos da Corporación xa foron expresando por separado a súa postura ao respecto.
Uso do galego no Parlamento Europeo
Ademais, na sesión deste martes aprobouse outra declaración institucional na que solicita a habilitación do uso do galego no Parlamento Europeo. O texto sinala que «a inclusión do galego nesta lista trasladaría ao ámbito europeo a realidade lingüística de España, permitiría que a lingua galega tivese presenza en institucións que representan a máis de 450 millóns de persoas e suporía un recoñecemento á súa plena vixencia nun mundo globalizado».
Cambio no PXOM
O acordo tamén foi total para aprobar de forma definitiva a modificación do PXOM núm. 1 no ámbito da OE-6. Xoán XXIII – Universidade, que afecta ao edificio que alberga o colexio López Ferreiro e as Facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación. O obxecto desta modificación puntual a é «protexer o valor arquitectónico e ambiental do edificio» e incorporalo ao Catálogo de bens culturais do PXOM.
No apartado das proposicións tamén houbo dúas cuestións que acadaron o consenso de toda a Corporación. Por unha banda, deuse luz verde a unha proposta de Mercedes Rosón para optimizar a competitividade e atraer novas conexións ao aeroporto Rosalía de Castro. Por outro lado, tamén saíu adiante unha iniciativa do ‘popular’ Borja Verea para que o Goberno central declare o Ano Xacobeo 2027 acontecemento excepcional de interese público e se activen desa maneira incentivos fiscais ás empresas.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos

