Marxe de manobra e máis custos: Raxoi muda de concesión a servizos o contrato de buses
Afirman que deste modo se incrementa a capacidade do Concello para facer adaptacións ante as necesidades de cada momento

O Goberno local confía en que o novo contrato de transporte urbano sexa realidade antes do remate da lexislatura. / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, compareceron este luns en rolda de prensa no Pazo de Raxoi para dar conta da situación do contrato de transporte público, cuxa maior novidade radica en que este deixará de ser unha concesión como era até agora para ser un contrato de servizos, ao igual que acontece no caso da recollida do lixo (Urbaser) ou no do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A alcaldesa puntualizou na presentación que este cambio non influirá na capacidade do Concello para auditar o servizo no caso «dunha mala prestación do servizo».
Iníciase agora un expediente que deberá pasar polos servizos de contratación, asesoría xurídica e intervención para que o contrato se poida licitar «o antes posible», asegurou Xan Duro sen arriscarse a concretar un proceso que a rexedora Sanmartín insistiu en cualificar «complexo». Con esta decisión de mudar a contrato de servizos o transporte público, o Goberno local agarda que este sexa realidade «antes da fin do mandato».
Traballo de análise sobre as avaliacións da ONE
Nun encontro informativo realizado a comezos de ano, o edil de Mobilidade comunicaba que os pregos do contrato de transporte urbano aínda non se ían remitir á ONE (Oficina Nacional de Evaluación), ao coñecérense varias denegacións aos proxectos remitidos dende outras cidades do Estado español. Duro dicía daquela que se estaban a estudar esas outras resolucións para poder achegar o proxecto compostelán ás mellores opcións para ser aprobado.
Agora, ao mudar o modelo de contrato a servizos «non é preciso remitilo á ONE e, en canto o persoal técnico informe favorablemente, licitarase», explicaba Goretti Sanmartín. O Bipartito confía agora en axilizar a cuestión recoñecendo en palabras da alcaldesa que se trata dunha das cuestións «máis importantes que ten que solucionar este goberno» e que supón un «procedemento que vai máis atrasado do que se quixera».
Sanmartín e Duro quixeron poñer o foco, para explicar a demora na licitación deste contrato, no «intenso traballo interno» que xa se estivo a realizar en conxunto entre os diferentes servizos técnicos de Raxoi. «Houbo unha labor previa moi intensa», aclaraba Xan Duro, «de análise das avaliacións da ONE», que entre os últimos meses de 2024 e os primeiros de 2025 emitiu arredor de nove resolucións das que «seis foron negativas» por non existir apenas risco empresarial nas concesións.
Neste punto o edil de Mobilidade explicou que a ONE demandaba nesas resolucións «incrementar o risco empresarial reducindo as achegas públicas ou apostar por un contrato de servizos». O Executivo de Goretti Sanmartín decidiu manter as achegas municipais para, entre outras cuestións, proporcionar unhas tarifas de transporte urbano «accesibles».
«O transporte non pode ser só negocio, é un servizo público»
O Bipartito opta polo contrato de servizos tamén, segundo afirman, porque permite unha maior marxe ao Concello para facer mudanzas segundo as necesidades de cada momento e en defensa de que «o transporte non pode ser tratado coma un negocio máis, senón coma un servizo público».
Servizo que o Goberno local quere mellorar coa renovación da flota, 69 buses novos, con máis frecuencias e liñas nocturnas e «alimentadoras» no rural, e que co contrato de servizos vai supor un maior custo ao Concello, arredor dos 8 millóns de euros, dos arredor de 137 nos que se licitará o servizo por 13 anos. Nesta cuestión, Duro recalcou que se trata de cifras «estimadas» que unha vez se licite o contrato ningunha das empresas competidoras aumentará esa cifra de partida.
Por riba do custo, o Executivo de Raxoi defende que o contrato de servizos lle dará ao Concello máis control ante cuestións coma «as queixas recorrentes de que o deseño actual das liñas está desfasado». O concelleiro de Mobilidade exemplificou a nova situación, fronte á concesión, na que unha empresa explota de maneira delegada un negocio, para aclarar que calquera mudanza de frecuencias ou liñas que se requira nun momento determinado nestes 13 anos se poderá levar a cabo a iniciativa do Concello.
Á procura da fidelización de usuarios
Cando se licite o novo contrato, o billete ordinario de transporte pasará de custar un euro a 1,40, mais mentres se manteñan as bonificacións estatais e a compensación local, o prezo do billete será co novo contrato de 33 céntimos (agora é de 30). En calquera caso, con estas bonificacións non se poderá contar no período total do contrato de servizo de bus urbano, xa que vai ser, como esta previsto, dun total de 13 anos.
Neste punto Xan Duro destacou que o que procura o Goberno bipartito é «fidelizar usuarios» do transporte urbano e, por tanto, reducir o número de billetes ordinarios que se mercan e aumentar a cifra de persoas que fan uso dos distintos bonos.
Unha estratexia encamiñada a contribuír ao cambio na mobilidade da cidade. «Un primeiro paso para gañar espazo para as persoas e reducir o uso do vehículo privado», unha cuestión na que o concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro defende que o autobús urbano ten un papel fundamental.
Os prezos
O billete ordinario. Agora o prezo do ticket é dun euro, co novo contrato actualizarase a tarifa a 1,40.
Se en xuño o Estado renova a bonificación, o prezo quedará nos 60 céntimos, mais a achega do 50% do Concello, pagaranse 30 céntimos.
Sen bonificación, unha vez en vigor o novo contrato o prezo incrementarase en 3 céntimos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos


