Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Verea esixe dimisións polo "borrón e conta nova" do contrato de autobuses en Santiago

O líder do PP de Santiago criticou con dureza o anuncio do cambio de modelo do transporte urbano

Borja Vera lanzou duras críticas ao Goberno local polo cambio de modelo no contrato do transporte urbano

Borja Vera lanzou duras críticas ao Goberno local polo cambio de modelo no contrato do transporte urbano / PP de Santiago

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou duras críticas ao goberno local durante o Pleno municipal deste martes, tras o anuncio de que o contrato do transporte urbano da cidade reiniciarase desde cero. “Dez anos de desculpas, dez anos de incompetencia, mentres os santiagueses sufrimos os peores autobuses de España”, denunciou o popular, que responsabilizou directamente o tripartito formado por BNG, Compostela Aberta e PSOE da paralización do servizo.

Verea sinalou de forma particular ao concelleiro Xan Duro, quen foi responsable do contrato entre 2015 e 2019, e volveu asumir competencias nesta área nos dous últimos anos. “No peor dos casos, 10 anos; no mellor dos casos, 6 anos sendo o responsable político directo dos autobuses desta cidade”, lembrou o portavoz popular.

Nunha intervención cargada de reproches, acusou a Duro de non ter cumprido coa súa función: “Gran parte do soldo que lle pagaron os santiagueses durante estes 6 anos era para que trouxese a esta cidade autobuses novos, e non o fixo. O único que fixo onte foi un borrón e conta nova”.

A bancada popular do Concello de Santiago no Pleno ordinario correspondente ao mes de maio

A bancada popular do Concello de Santiago no Pleno ordinario correspondente ao mes de maio / PP de Santiago

Para Verea, a única saída digna é a renuncia: “Dígollo con total sinceridade e co aprecio persoal que lle teño, loxicamente non político: vostede onte tiña que terlle pedido desculpas aos santiagueses, asumir a culpa por estes 6 anos de retraso e marchar para a casa. Recoñecer que o cargo lle quedou grande, que non ten a pericia, o coñecemento ou as ganas, o que sexa, pero que se equivocou”.

O portavoz popular asegurou que “a dignidade política só tiña onte como único camiño a porta de saída, unha dimisión honrosa que non o fixo, e eu síntoo por vostede”.

Desunión no goberno

Verea tamén criticou a situación de desunión dentro do propio goberno local, logo de que o concelleiro non adscrito Gonzalo Muiños anunciase que non apoiaría un “pago irregular de 500.000 euros para o aluguer de autobuses”. “Isto non é un goberno, aquí non hai gobernabilidade, isto é un circo que dirixe vostede —en referencia á alcaldesa Goretti Sanmartín— e que nin sequera os seus socios de goberno son quen de aprobarlles as súas propias trapalladas”.

Con todo, o PP deixa clara a súa postura: “Non conten con nós para limpar este auténtico desgoberno. Poña orde no seu pacto de gobernabilidade e poña a cidade a funcionar”, concluíu Verea.

Tracking Pixel Contents