Bouza encabeza a única candidatura para dirixir o PSOE de Santiago: "A cidadanía entendeu que o partido necesita unha renovación"
O líder dos socialistas composteláns defende a "cohesión" interna do partido e a "coordinación extraordinaria" cos seus dous edís en Raxoi

Aitor Bouza, único candidato a liderar a agrupación socialista local de Compostela / EP

A Casa do Pobo acolleu ás 11.30 deste venres unha rolda de prensa para presentar a única candidatura a dirixir o PSOE local, a liderada polo actual secretario xeral, Aitor Bouza. A comparecencia produciuse tan só media hora despois de que expirase o prazo para candidatarse e será este sábado cando se coñezan os integrantes dunha lista "con moi poucos cambios" respecto da actual.
A pesar desta certa continuidade na súa candidatura, o secretario xeral do PSOE defende que a súa lista "engloba a toda a militancia, todas as sensibilidades do partido na cidade", e serán precisamente estas últimas as que protagonicen esas novas incorporacións á comisión executiva local.
Bouza defendeu unha e outra vez na rolda de prensa que o PSOE está agora "cohesionado" e disposto a "recuperar a alcaldía" de Compostela para sacala "deste letargo" no que en palabras do secretario socialista a está mergullando o Goberno bipartito, "cunha alcaldesa que vende fume, sen propostas sólidas". Propostas que si ten a candidatura que el presenta, afirma, "non só de futuro senón tamén para o mantemento" no día a día da cidade, "unha cidade parada, cos servizos públicos saturados e co grave problema da vivenda".

Aitor Bouza, único candidato a la Secretaría Xeral de los socialistas compostelanos tras la ruptura del grupo municipal en Raxoi / Jesús Prieto
O líder do PSOE local defendeu ter un proxecto "ambicioso" e aberto a participación da militancia e da cidadanía disposto a recuperar a súa confianza "escoitando de ti a ti", porque o único pacto dos socialistas, asegura Bouza, "é coa veciñanza de Santiago".
Recuperar a confianza
O líder do PSOE local defendeu en rolda de prensa que o partido xa está a recuperar a confianza dos electores e puxo como mostra a última enquisa realizada á cidadanía que daba cinco edís en Raxoi para os socialistas. "Somos conscientes do vivido neste ano e medio", asegurou, "o PSOE pasou nas últimas eleccións de 10 a seis edís, pero á vista desa enquisa vólvese confiar porque volvemos subir".
Aitor Bouza considera que "a cidadanía entendeu que o PSOE necesitaba unha renovación". Nesta liña o secretario local defendeu que logo da expulsión do partido dos concelleiros Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez a coordinación entre a agrupación e os dous edís socialistas que quedan en Raxoi (Sindo Guinarte e Marta Abal) é "extraordinaria", e engadiu que esta nova situación é "a oposta ao que acontecía até o de agora". Unha mostra de que o conflito non está superado pese a que os concelleiros xa sexan agora non adscritos, pois os catro edís defenderon sempre dar conta das actividades e decisións do grupo municipal socialista á dirección local do partido.
A preguntas dos xornalistas en relación a eses votantes que no seu día apoiaron os edís expulsados do PSOE, Bouza reivindicou que o feito de que só haxa unha candidatura a liderar o partido en Santiago supón que "a comisión executiva sae reforzada" e unha vez máis insistiu na necesidade de respectar as normas do partido, "que todos acatamos cando entramos a formar parte da lista electoral". "O partido está por riba das persoas, incluída esta comisión executiva", asegurou Bouza.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros

