SAÚDE MENTAL EN GALICIA | CICLO DE CONFERENCIAS
Santiago aborda o uso excesivo das redes sociais e a saúde mental: «Están deseñadas para enganchar»
Os expertos apelan a un emprego responsable e ofrecen estratexias para que os mozos aproveiten as vantaxes das novas tecnoloxías de maneira equilibrada e saudable. Advirten dos riscos asociados a un abuso do móbil

O conselleiro de Sanidade e o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas inauguraron a segunda edición do ciclo de conferencias ‘Saúde mental en Galicia’. / Antonio Hernández
T. F.
Nun contexto social no que a atención a saúde mental é un reto prioritario no ámbito sanitario, a Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, organizou esta semana a segunda edición do ciclo de conferencias Saúde mental en Galicia, dedicada nesta ocasión á temática das redes sociais, mocidade e saúde mental. A xornada celebrouse no salón Olivo do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago e contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez; e a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Sergas, Almudena Díaz Pereira. O obxectivo desta primeira xornada foi sensibilizar sobre o uso responsable e crítico das redes sociais e ofrecer estratexias para que mozos e mozas aproveiten as vantaxes das novas tecnoloxías de maneira equilibrada e saudable, fomentando un desenvolvemento persoal e académico que non se vexa afectado pola presión e os riscos asociados ao seu uso.
E para analizar estas cuestións celebrouse unha mesa redonda, moderada pola psiquiatra infantil e coordinadora da Unidade de Saúde Mental Infanto Xuvenil do Hospital Materno da Coruña, Laura Vigo. Interviu Francisco Ferre, xefe do servizo de Psiquiatría do Hospital Gregorio Marañón e creador do grupo AdCom, Centro Integral de Prevención e Investigación en Adicciones Comportamentales, o primeiro centro de España destas características para a prevención de adicións causadas polo xogo, os videoxogos, o sexo, as compras compulsivas ou as redes sociais. No debate tamén participaron o doutor en Medicina Molecular e Xenética, biólogo, psicólogo e divulgador científico Julio Rodríguez, que actualmente traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica en Santiago; e Fernando Rodríguez de la Torre, diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña, técnico especialista en Márketing, posgraduado en Comunicación Empresarial, profesor na Universidade de Santiago e impulsor do Pacto de Familias en Santiago para atrasar o uso do móbil en menores.
«En situaciones como el apagón eléctrico de finales de abril, muchos jóvenes sufrieron malestar psicológico e incluso físico por no poder acceder a estar en línea, una señal de abstinencia»
Na introdución a mesa redonda, Laura Vigo indicou que é fundamental e moi importante o control parental para que os pais e nais saiban que fan os seus fillos e fillas na rede e poder protexelos de posibles ciberacosos que poden desembocar en problemas de saúde mental nos máis novos.
Segundo explicou na xornada celebrada no Hotel Araguaney, o confinamento da covid-19 chegou nun momento clave para o desenvolvemento psicolóxico de moitos nenos e nenas que naquela época estaban pechados na casa sen poder relacionarse socialmente, polo que empregaron as redes sociais como vía de escape e medio para poder activar esta conexión cos seus amigos.
«Experiencias como el scrolling de pantallas, así como el hecho de que los algoritmos de las RRSS alimenten de forma inmediata y constante la curiosidad del usuario, condicionan que llegue un momento que el joven emplea una cantidad de tiempo excesiva que altera su nivel de funcionamiento», indica o doctor Francisco Ferre.
E para entender cando se supera a liña vermella, o creador do grupo AdCom sinala que hai que fixarse en tres ámbitos: escolar, familiar e social. Explica que hai que actuar cando o rendemento escolar mingua polo abuso das RRSS que rouba tempo ao adolescente para estudar, ou mesmo chega tarde ou adormecido a clase porque estivo coa pantalla ata altas horas da madrugada. A nivel familiar, indica que o illamento é progresivo e practicamente reduce a interacción ao imprescindible. E a nivel social, argumenta que o uso problemático das RRSS supón unha restrición de outras actividades de ocio, culturais e deportivas claves no desenvolvemento cognitivo e emocional dun adolescente que se ven cernadas polo tempo que pasan ante as pantallas.
Na súa opinión, non hai forma de medir que rede social é máis aditiva, diferenciando entre redes de contemplación e exhibición, como son TikTok e Instagram. Nestas redes, explica que o que se fai é ver o que fan os demais ou crear contidos para que se contemple o que un ou unha quere exhibir. «Más que desarrollar una adicción se generan situaciones de ansiedad, tristeza, inseguridad e insatisfacción causados por la confrontación del mundo real con el virtual», indica.
En canto ás redes de mensaxería, destaca que estas xeran nalgunhas persoas a necesidade compulsiva de estar comprobando a chegada de mensaxes, polo que verse privados do teléfono móbil asegura que lles pode supor un malestar psicolóxico desproporcionado. «En situaciones como el apagón eléctrico de finales de abril, muchos jóvenes sufrieron malestar psicológico e incluso físico por no poder acceder a estar en línea, una señal de abstinencia», argumenta. O especialista explica que a adición cursa primeiro cun abuso do tempo de uso, unha necesidade cada vez maior de satisfacer o desexo de ver redes sociais e, despois, prodúcese a abstinencia e, finalmente, «la adicción queda plenamente en la persona que, a pesar de ser consciente de lo que le está suponiendo estar conectado, no lo puede evitar y fracasa en sus intentos de reducir el tiempo empleado».
"Están deseñadas para enganchar aos máis vulnerables e facelos adictos, captando e retendo a súa atención e proporcionándolles pequenas recompensas efémeras de felicidade de poliespán, o que interfire nos procesos psicolóxicos esenciais como a concentración, a autoestima, o desenrolo emocional e a socialización"
Para axudar aos máis novos a combater esta adición, Ferre indica que basicamente o máis efectivo é restrinxir os horarios, establecendo un horario de uso ríxido e proporcionándolles actividades alternativas estimulantes, como facer deporte.
Pola súa banda, Julio Rodríguez incide no impacto do uso excesivo de pantallas e redes sociais na saúde mental dos nenos e adolescentes: «Están deseñadas para enganchar aos máis vulnerables e facelos adictos, captando e retendo a súa atención e proporcionándolles pequenas recompensas efémeras de felicidade de poliespán, o que interfire nos procesos psicolóxicos esenciais como a concentración, a autoestima, o desenrolo emocional e a socialización, ademais de alterar a calidade do sono nocturno e roubar horas e horas a actividades realmente útiles e beneficiosas».
En pleno debate sobre o uso excesivo do móbil e das redes sociais, Fernando Rodríguez de la Torre destaca o Pacto de Familia promovido no Colexio La Salle de Santiago, que foi asinado polo 76 % dos pais e nais do centro. A través deste acordo os pais e nais do alumnado do centro comprométense a non mercar móbiles aos seus fillos durante o primeiro curso da ESO. O éxito da iniciativa foi tal que mesmo se estendeu a outros dez centros escolares de Compostela, que están actualmente implantando estas medidas, e mesmo a outros colexios galegos. «Un 10 % do alumnado de 6º de Primaria usa o móbil, e un 99 % dos estudantes de 1º da ESO teñen un smartphone propio», sinala Fernández de la Torre, quen destaca, ademais, que no Colexio La Salle estanse a facer formacións para os pais e nais sobre novas tecnoloxías, co obxecto de que saiban onde navegan os seus fillos e fillas. Tamén indica que se están a organizar formacións para o alumnado coa Policía para informar sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
