Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

As estatuas do Mestre Mateo estarán nun lugar «visitable»

Raxoi asegura que estarán nun lugar visible que se decidirá da man dos expertos

As estatuas recén recuperadas polo Concello de Santiago, na capela do Pazo de Meirás

As estatuas recén recuperadas polo Concello de Santiago, na capela do Pazo de Meirás / Antares Pérez

Manu López

Manu López

Santiago

As estatuas do Mestre Mateo, recén recuperadas polo Concello de Santiago de mans da familia Franco a raíz dunha sentenza do Tribunal Supremo, ubicaranse nun lugar «visible e visitable» aínda por decidir. A voceira de Raxoi, Míriam Louzao, explicou onte que «agora ábrese un proceso no que xunto coas persoas expertas e valorarase onde se teñen que colocar e como é o proceso de traslado».

En calquera caso, as esculturas quedarán expostas ao público «polo que simbolizan e polo que significan desa vitoria do pobo» ao recuperar «o que era seu e o que lle arrebataron nalgún momento», sinalou Louzao.

Recocñecemento do traballo da asesoría xurídica

Tras tomar coñecemento de maneira oficial da sentenza na reunión da Xunta de Goberno, Louzao fixo fincapé en que se trata dun «fito moi importante no labor da Asesoría Xurídica Municipal, que está obtendo resultados moi favorables aos intereses do Concello desde a súa municipalización».

Desta maneira, a voceira considerou que «é xusto mencionar nestes éxitos as persoas que ata o momento ocuparon o posto de dirección desta unidade» e responsables de estratexia xurídica seguida polo Concello neste caso: Xaquín Monteagudo e Manuel Cutrín

Sentenza favorable en materia urbanística

Por outro lado, Louzao deu conta doutro fallo xudicial favorable ao Concello a respecto da impugnación por parte do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Galicia de dúas instrucións urbanísticas sobre proxectos para envolventes de edificios residenciais e de obras parciais en ámbitos suxeitos a protección patrimonial. A sentenza sinala que Raxoi limitouse a establecer as pautas de aplicación das normas existentes.

Tracking Pixel Contents