Santiago
Raxoi dá luz verde ás obras da urbanización exterior da plataforma loxística
O Concello de Santiago aproba o expediente de contratación por un importe de 630.000 euros

Obras na finca na que se ubicará a nova plataforma loxística de Santiago / Jesús Prieto

A construcción da nova plataforma loxística, coa que se pretende cambiar o sistema de reparto de mercadorías no casco histórico de Santiago, está en marcha desde finais do ano pasado, pero tamén é preciso acondicionar as conexións coas zonas colindantes. Con este propósito, o executivo municipal aprobou onte en Xunta de Goberno o expediente de contratación da urbanización exterior, que contará cun orzamento de 629.181,26 euros.
Segundo explicou a voceira de Raxoi, Míriam Louzao, a conexión co centro loxístico inclúe unha glorieta na que conflúe a Vía de La Cierva co eixo do recinto. Ademais, amplíase a sección da calzada existente, con dous carrís, un por cada sentido, de 3,5 m de ancho e beiravía de 0,5 m pola marxe esquerda e unha zona de aparcamento de 2,2 m de ancho e beirarrúa de 2 m pola marxe dereita, de forma que o ancho total da plataforma será de 12 metros. A beirarrúa da marxe dereita será de formigón coloreado para integrarse coa senda peonil prevista desde o Polígono do Tambre ata o Centro Sociocultural da Gracia.
A actuación inclúe tamén a rede de saneamento separativa, a rede de abastecemento, a canalización eléctrica de media e baixa tensión e a rede de telecomunicacións.
Centros educativos
Por outra banda, Louzao informou da revisión da memoria técnica para a cuberta plana posterior do Polideportivo do CEIP Pío XII. O proxecto inicial de decembro de 2024 tiña un orzamento de execución material de 50.967,36 euros pero a licitación quedou deserta. Agora, tras un axuste nos custos da man de obra para adaptalos ao mercado, esa cantidade ascende ata os 69.067,96 €, o que supón un orzamento base de licitación de 99.494,15 €.
No tocante a obras en centros educativos, Raxoi outorgou licenza para a reparación da cuberta do edificio do Colexio San Clemente. Esta actuación, que promove a Consellería de Educación, ten un orzamento de 482.874,59 euros e un prazo de execución previsto de catro meses.
Outros asuntos
O Concello tamén licitou o suministro de 44 ordenadores de sobremesa cos correspondentes monitores para varios centros socioculturais do ámbito rural, cun orzamento base de 27.418,60 euros financiado polo Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Do mesmo xeito, validáronse os convenios para outorgar axudas a diferentes entidades sociais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia

