Continúa a incerteza sobre as facturas pendentes do transporte: Raxoi busca vías para tramitar o pago
Rozas agarda novidades en canto se coñezan os informes técnicos e critica o voto en contra de Verea: "Demostra que non lle importa Santiago"

Varios autobuses de Santiago pola rúa da Fonte de Santo Antonio / Antonio Hernández

Continúa a incerteza sobre o pago pendente de case 3 millóns en facturas do transporte urbano de Santiago. "É algo que se está a avaliar dende os servizos técnicos do Concello para ver que opcións hai para tramitar as facturas tendo en conta que o órgano competente para a súa aprobación é o pleno", comentou esta mañá María Rozas tras a rolda de prensa na que informou dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno ordinaria. Foi no pleno do pasado xoves 26 de xuño cando se coñeceu a abstención dos catro edís non adscritos e os votos en contra do PP que fixeron insuficiente o respaldo de BNG, CA e PSOE para dar luz verde ao recoñecemento extraxudicial de crédito necesario para afrontar o pago. Rozas detallou que "cando teñamos máis avanzados os informes técnicos informarase que pode acontecer coa tramitación".
Ao respecto, a concelleira de Servizos Sociais manifestou que o vivido no pleno é demostración da "irresponsabilidade de algunhas formacións políticas como o PP na que todo vale con tal de facer un problema ao goberno local". En concreto, dixo que a actitute do seu voceiro, Borja Verea, demostra que "non lle importa Santiago" e ten interese "en que a Santiago lle vaia mal", de aí que optase por un voto negativo para a aprobación dun pago de facturas dun servizos prestados. "Non sei se quere que Santiago quede sen servizo público", concluíu.
Pagamento anticipado nos convenios nominativos con entidades sociais
Entre os asuntos aprobados en Xunta de Goberno ordinaria destaca o pagamento anticipado de tres convenios con Cáritas Diocesana, Cociña Económica e ASPANAES con uns importes de 120.000, 70.000 e 10.000 euros, respectivamente.
A maiores aprobáronse 11 convenios nominativos con actividades do terceiro sector para "desenvolver iniciativas diversas que tocan diferentes colectivos no que hai que desenvolver traballo social". A contía total ascende a preto de 320.000 euros.
Entre os convenios aprobados destaca o asinado con Cruz Vermella para o desenvolvemento do Servizo Municipal de Atención ás Urxencias Sociais, ao que se destinan máis de 124.000 euros, case 25.000 euros máis que o ano pasado. Manténse en 60.000 euros a achega municipal para o mantemento do albergue de Xoán XXIII; Proxecto Home recibirá 45.000 euros, e para o programa de Inclusión Promociona que impulsa a Fundación Secretariado Gitano, hai unha partida de 27.000 euros. Logo, en convenio coa USC, destinaranse 20.000 euros para o desenvolvemento do programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social
Tamén deron luz verde os convenios con Dano Cerebral de Santiago para o seu programa de actividades acuáticas e autocoidado (8.000 euros); a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, Ela, outras enfermidades neurodexenerativas e enfermedades raras (ACEM) para o seu programa de fisioterapia (12.000 euros); e a Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental (9.000 euros). A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS) recibirá 6.000 euros para o seu programa de respiro e/ou emerxencia familiar; a Fundación Andrea percibirá 3.000 euros e, por último, a Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Escola de Tempo Libre Don Bosco, cunha dotación de 5.000 euros.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

