Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Finais de agosto: o horizonte para comezar coa reurbanización de García Lorca

A obra de humanización desta rúa da Guadalupe ten un orzamento de 1.082.727 euros e un prazo de execución de 16 meses

A rúa García Lorca de Vite comezará a reurbanizarse a finais de agosto

A rúa García Lorca de Vite comezará a reurbanizarse a finais de agosto / Antonio Hernández

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, deu conta este martes da adxudicación a Marconsa (Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa)  das obras de reurbanización da rúa García Lorca, no barrio da Guadalupe. Unhas actuacións que darán inicio, previsiblemente, a finais do mes de agosto e que teñen un prazo de execución de 16 meses e un orzamento de 1.082.727 euros.

O edil deu conta da aprobación desta adxudicación por parte da xunta de goberno local celebrada o 30 de xuño e rememorou os avatares padecidos nesta licitación "especialmente necesaria nun barrio que está case igual dende a súa creación" na década dos anos 70. A obra fora xa aprobada en outubro de 2022 pero "con prezos desfasados" o que obrigou a reformular o proxecto para actualizalos, co que o novo plan non se aprobou até dous anos despois. 

Agora, tres anos máis tarde da primeira adxudicación acometeranse unhas obras que permitan, segundo explicou Xesús Domínguez, "recuperar espazo público accesible e seguro para a vida do día a día" da veciñanza deste barrio. Na rúa García Lorca vanse manter os dous sentidos da circulación mais vaise engadir carril bici, tamén en ambos sentidos, e vaise mellorar o itinerario peonil dándolle, entre outras cousas, unha continuidade da que agora carece.

Las redes de abastecimiento de García Lorca también serán mejoradas

Las redes de abastecimiento de García Lorca también serán mejoradas / Antonio Hernández

Actuacións na praza Celso Emilio Ferreiro

A reurbanización da rúa García Lorca contempla tamén actuacións de mellora da accesibilidade e reordenamento do aparcadoiro na praza Celso Emilio Ferreiro. Segundo explicou o concelleiro de Obras, unha das demandas da veciñanza é que non se supriman prazas de estacionamento, ao tratarse dun barrio cuxas edificacións, dos anos 70, carecen de garaxes. "Agora a praza está ocupada nun 80% por vehículos", comentou Domínguez, e a actuación consistirá en "reordenar e manter esas prazas de aparcamento, xa que hai déficit de prazas".

Ao tempo que se fai esta reordenación recuperaranse espazos verdes e daráselle continuidade ao itinerario peonil tamén con pasos de peón elevados "para pacificar o tráfico" na zona.

Seguemento das obras de accesibilidade

O Concello de Santiago está a actuar en 14 puntos da cidade para mellorar a súa accesibilidade. Unhas obras xa desenvolvidas en rúas coma as do Avío, Irmandiños e Betanzos. A próxima semana está previsto que comecen as actuacións na conexión de Quiroga Palacios coa Costa do Veedor. Segundo o edil Xesús Domínguez estas obras van sobre a planificación prevista.

O concelleiro indicou que tamén se está a traballar en Alfredo Brañas, cuxo pavimento (de lousa verde) se ve afectado polo tráfico da zona, tanto de vehículos particulares coma de transporte de carga e descarga. Ademais, para evitar que se estacione na beirarrúa estanse a substituír e incrementar o número de varandas.

Outra das obras que se está a realizar a día de hoxe na cidade afecta á rotonda da avenida Castelao, onde até o 4 de xullo se repara unha tubaxe de auga, polo que en sentido de baixada se está a desviar o tráfico por Ulpiano Villanueva. En dirección de subida non hai afectación do tráfico, mentres o acceso á avenida Burgo das Nacións se debe facer a través da rúa Diego Peláez.

Tracking Pixel Contents