O PP acusa a Raxoi de "non saber xestionar nada" ante a caducidade da concesión do parking da praza de Galicia
O pasado 3 de xullo venceu o contrato e asinouse a continuidade do servizo, o Executivo de Sanmartín asegura que se segue a traballar na municipalización

Entrada del parking de la plaza de Galicia / Antonio Hernández
O concelleiro do PP en Raxoi Adrián Villa compareceu este luns en rolda de prensa para denunciar a caducidade da concesión do aparcamento da praza de Galicia sen que "un mes despois de que se constituíse a comisión para a súa municipalización se saiba máis nada".
O edil afirma que o Goberno local de "non saber xestionar nada" e pon enriba da mesa a situación da veciñanza da cidade histórica ou do Ensanche "que carecen de garaxe".
Para o PP, a incapacidade do equipo de Sanmartín para municipalizar en tempo este aparcadoiro deixa a veciñanza fronte ao pagamento "dun tarifazo" e compara os prezos deste parking cos doutros xa municipais, coma o de Xoán XXIII.
"Se se chegase a tempo os composteláns que deixasen o seu vehículo na praza de Galicia estarían a aforrar case un euro", aclarou Villa. "Unha hora no parking da praza de Galicia custa case dous euros, e cinco por tres horas, mentres en Xoan XXIII estes tempos están en 1,30 e 2,50 euros", respectivamente, asegura.
"Se se chegase a tempo os composteláns que deixasen o seu vehículo na praza de Galicia estarían a aforrar case un euro"
O edil popular mencionou tamén as tarifas dos bonos por deixar o vehículo na praza de Galicia dende as 9 da mañá ás 21 horas, que ascende segundo dixo a "117 euros, mentres en Xoán XXIII non chega aos 60 euros". Por todo isto, o PP esixe ao Goberno local "que se poña a traballar" na procura dunha "solución rápida e eficaz".
Dende o Executivo compostelan lamentan "non ter chegado a tempo para o remate do contrato da praza de Galicia" e aseguran que se tratou dunha "cuestión que non depende só da vontade política senón tamén doutros factores do departamento e da dispoñibilidade de persoal".
Raxoi afírmase na importancia de "ter iniciado o proceso e dar os pasos necesarios para recuperar eses parkings", en referencia tamén ao da praza de Vigo, cuxo contrato vence en outubro de 2026 e que tamén se prevé municipalizar.
O Goberno local defende a súa xestión fronte ás criticas do PP e reivindica que "antes da constitución da comisión para a municipalización xa se estaba traballando no tema pero hai unha parte importante do proceso que é a recompilación de documentación por parte da concesionaria que require os seus tempos".
"Esta comisión xa encargou os estudos pertinentes", explicaba a concelleira Míriam Louzao en resposta aos medios, "e á volta do verán entregaranse e poderán avaliarse", e será entón cando se convoque "novamente a comisión para seguir avanzando no proceso, que se fai de maneira paralela para os dous aparcamentos".
Cinco anos pesan sobre a sombra da municipalización
O concelleiro popular Adrián Villa criticou en rolda de prensa "o tripartito PSOE, BNG e Compostela Aberta que dende hai anos goberna a cidade" pero que aínda así "non consegue resolver os problemas de aparcamento de Santiago".
Pese a contemplaren a municipalización dos aparcadoiros das prazas de Galicia e de Vigo nos programas electorais das municipais de 2023 todas as formacións políticas, Villa denuncia que o Goberno local cae unha vez máis na "absoluta incompetencia de mudar absolutamente nada".
Falaba así Adrián Villa en relación coa caducidade da concesión da xestión do parking da praza de Galicia o pasado xoves 3 de xullo. Un vencemento que obrigou o Goberno local a asinar a continuidade do servizo ante a imposibilidade de prorrogar o contrato.
Por esta razón, o concelleiro popular quixo lembrar que "en xaneiro de 2020 o PP, ante o parking da praza de Galicia e no pleno municipal esixiu que se iniciasen os estudos para municipalizar ese aparcamento e o da praza de Vigo". Villa referiu tamén que foi en 2022 cando chegou a aprobación plenaria para que o goberno iniciase estes trámites "pero o pasado xoves caducou a concesión. En dous anos non constituíron a comisión, ata hai un mes e logo deste tempo nada máis".
Villa apremiou o Goberno local a que "co comezo do curso comecen a resolver a municipalización" do parking da praza de Vigo, cuxa concesión finaliza en outubro de 2026 e ao fío desta cuestión aproveitou para criticar que "non existe alternativa de transporte" ao vehículo privado, en referencia a que aínda non hai un novo contrato de bus urbano, cuxa renovación "arrastra dez anos".
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo


