Adxudicada a construción do paso peonil da rúa das Rodas
A xunta de goberno dálle aprobación a nove convenios con entidades sociais da cidade

Javier Rosende Novo

A xunta de goberno local procedeu este luns a adxudicar o contrato para as obras de implantación do paso peonil elevado da rúa das Rodas que comunique a praza da Algalia de Abaixo coa escola infantil Galiña Azul. A adxudicataria resultou ser a empresa Lopez y Leis S.A. cun proxecto orzamentado en 65.340 euros IVE incluído.
Con esta actuación o Concello procura facilitar a accesibilidade e a seguridade vial, especialmente no que se refire ao itinerario escolar, e coma está vai acometer outras obras en rúas coma Loureiros ou A Estila, na procura de traxectos escolares seguros e favorecendo o desprazamento a pé.
Acordos con entidade sociais
A xunta de goberno acordou tamén a aprobación de convenios con entidades do tecido social coma Cáritas, coa que subscribiu unha colaboración de 30.000 euros con destino ao Programa Vagalume. O convenio coa sociedade Performa ascende aos 25.000 euros; o acordo co Ateneo de Santiago é de 20.000 euros; a mesma contía que se destina ao Conservatorio de Música Tradicional e Folque e á Asociación Cultural Cidade Vella.
Coa Fundación Down Compostela foron 15.000 euros, con Alcer Coruña (asociación de enfermidades do Ril, acordouse a achega de 5.000 euros, e 2.000 para o programa de dereito administrativo e laboral do Colexio de Avogacía de Santiago.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana