Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concello e USC asinan por 20.000 euros un novo convenio de saúde bucodental

O programa destínase a persoas en situación de risco de exclusión social

A edil María Rozas e o reitor da USC, Antonio López.

A edil María Rozas e o reitor da USC, Antonio López. / CONCELLO

Redacción

Santiago

A concelleira de Servizos sociais, María Rozas, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron este martes un novo o convenio de colaboración para o desenvolvemento do ‘Programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social’, que este ano ademais duplica a súa contía chegando aos 20.000 euros.

Este convenio, que se asina coa Facultade de Odontoloxía da USC busca, segundo explicou María Rozas, «ofrecer atención de saúde bucodental a aquelas persoas que se atopen nunha situación de exclusión social en Compostela, vulnerabilidade económica e, por tanto, con dificultade para acceder a estes servizos». 

Tanto a edil coma o reitor remarcaron nas súas intervencións que «a carteira de servizos públicos do Sergas é reducida» nesta materia. «No acceso á saúde bucodental é onde se transparentan máis as desigualdades económicas, algo que ten gran impacto e importantes consecuencias na calidade de vida». 

A través del os Servizos sociais municipais derivaranse posibles usuarios –de entre 5 e 80 anos– á facultade, aqueles que cumpran os requisitos económicos, «para que sexan atendidos de patoloxías dentais diversas, rehabilitación de pezas perdidas e farse un programa educativo sobre a importancia dos hábitos de hixiene e prevención».

Antonio López destacou do convenio o beneficio que esta formación práctica vai supoñer para os estudantes dos últimos anos, aínda que tamén serán atendidos os pacientes por profesores da Facultade de Odontoloxía.

Tracking Pixel Contents