Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A USC segue a falar coa Xunta polo mestrado de Matemáticas

Este xoves celébrase un Consello de Goberno para dar conta do estado no que se atopa a negociación

Facultade de Matemáticas da USC no Campus sur.

Facultade de Matemáticas da USC no Campus sur. / Antonio Hernández

Redacción

Santiago

O reitor da Universidade de Santiago (USC) respondeu aos medios sobre o Consello de Goberno que se celebra este xoves en relación coa reclamación da universidade ante a Xunta de Galicia para que se manteña o mestrado de Matemáticas.

Segundo Antonio López, a situación actual da cuestión, da que se dará conta neste consello, é de agarda pola resolución do recurso presentado «contra a denegación da excepcionalidade do máster».

Aínda así, as negociacións non están paradas, segundo explicou o reitor, que asegura que «segue a haber encontros e contactos institucionais entre persoal da consellaría, a vicerreitoría responsable e o decanato da Facultade de Matemáticas».

López aclara que se trata non só de resolver «o inmediato, ver que pasa neste curso 2025-26», senón tamén de redefinir o curso 2026-27. O reitor explicou á prensa que de cara ao vindeiro curso «a facultade traballou na reformulación do máster», pero a situación actual é «ponte». 

Así e todo Antonio López di que na USC «confiamos en que teña unha solución satisfactoria e teñamos un novo máster en Matemáticas, unha redifinición do mesmo, que veña substituír o actual con algunhas adaptacións, formulacións diferentes na procura de que se matriculasen máis alumnos». 

Tracking Pixel Contents