Premio de composición coral da man da Asociación Musical e Cultural Crecente
O prazo de presentación de obras musicais remata o vindeiro 15 de xullo

A concelleira Pilar Lueiro con membros do Coro Crecente. / CEDIDA
Redacción
A Asociación Musical e Cultural Crecente vén de lanzar o Premio Compostela de Composición Coral, unha iniciativa que «busca promover o talento musical e enriquecer o noso patrimonio cultural», e que mantén aberto o prazo para a presentación de obras até o vindeiro 15 de xullo. A elección do nome «non é casualidade», senón unha homenaxe á importancia da cidade como referente cultural, musical e espiritual.
Unha iniciativa que busca «contribuír a dar oportunidades de desenvolvemento aos novos valores da composición musical da nosa contorna» e que ten en conta a promoción do talento local, xa que o premio pretende ser «unha plataforma crucial para que compositores da nosa cidade e da nosa rexión dean a coñecer as súas creacións». Dende a Asociación Musical e Cultural Crecente tamén destacan que con esta iniciativa se busca «contribuír ao enriquecemento do repertorio coral e á difusión deste xénero musical, tan arraigado na nosa tradición».
Os organizadores destacan tamén do Premio Compostela de Composición Coral que se trata dunha «oportunidade única», posto que é «unha convocatoria de alto nivel que ofrece visibilidade e recoñecemento aos participantes, con obras que, en caso de resultar gañadoras, serán interpretadas e difundidas».
O Premio Compostela de Composición Coral conta co patrocinio do Concello de Santiago e co apoio da Federación Coral Galega (Fecoga), entidade que agrupa a máis de 7.000 coristas en toda Galicia.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Rueda: 'A mellor opción e, probablemente a única', es una sola Facultad de Medicina descentralizada
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
