AXENDA
Mércores de música e deporte nas Festas do Apóstolo: Que facer hoxe, 23 de xullo, en Santiago ?
O festival da Casa do Rock e o partido Compostela-Deportivo, entre os plan para hoxe en Compostela

A música e o deporte son protagonistas hoxe en Santiago / El Correo Gallego
El Correo Gallego
Festival Combos A Casa do Rock e actuación da RFG
EN DIRECTO. A Real Filharmonía de Galicia –RFG– ofrece o tradicional concerto das Festas do Apóstolo. A actuación é ás 21 horas na praza da Quintana. Un dos concertos máis agardados da programación de verán da RFG, que contará con obras de Verdi, Charikovski ou Bizet, entre outras. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio de Galicia. Pola tarde, no parque de Galeras, entre as 18 e as 22 horas, celébrase unha sesión de combos da Casa do Rock, con Namentres, Monday Monkeys, BusStop, Rocke Experiencie, QDL ou ParaZmol.
SD Compostela-RC Deportivo da Coruña no Vero Boquete
DEPORTE. O RC Deportivo da Coruña é o primeiro rival confirmado da SD Compostela na pretemporada. O club branquiazul anunciaba fai uns días un partido amigable contra o equipo coruñés este mércores 23 de xullo (20:30 h) no Estadio Vero Boquete de Santiago. O encontro será benéfico e a recadación irá destinada á Asociación Galega de Cancro Infantil e Adolescente (ASANOG).
Chaplin e a súa visión da febre do ouro despídense da sala Numax
CINEMA. Ás 15.45h. o Cine Numax ofrece o último pase de A quimera do ouro, de Chaplin. Un filme que cumpriu un século e que fala da febre do ouro, logo de que unha treboada deixe illado a Big Jim McKay, que descubriu ouro, e teña que refuxiarse nunha cabana na que dá co foraxido Black Larsen e cun vagabundo. Logo do pase haberá un coloquio, por streaming, co crítico Fernando Lara; Fernando Méndez-Leite, presidente da Academia de Cine; Rodrigo Sorogoyen, director de As bestas e Almudena Amor, gañadora do Goya por El buen patrón.
Afondar na figura de Castelao dende a Cidade da Cultura
O Museo Centro Gaiás acolle a mostra Castelao. Mirar por Galicia, un proxecto expositivo que representa a «experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento» ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis importantes e senlleiras da historia de Galicia. Unha exposición que bota man de IA, hologramas ou realidade virtual e que pode visitarse de 10 a 20 horas.
Escolma da obra de José Ortiz na Quintana
ARTE. Ás 20.30 desta tarde, o espazo Coworking Campus Stellae (praza da Quintana, 3) acolle a presentación da exposición A pegada de José Ortiz: escultura e pintura. A mostra recolle unha escolma da obra do compostelán, artista multidisciplinar con traxectoria en escultura, forxa, pintura, deseño e pensamento crítico.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza