O grupo municipal socialista alerta do «deterioro» das beirarrúas en Fontiñas
Guinarte di que afecta a varias vías e supón un risco para os peóns

Guinarte e Marata Abal nunha visita recente ao barrio de Fontiñas / Cedida
El Correo Gallego
O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno deste mes de xullo unha proposición para instar ao goberno municipal a resolver unha problemática que os veciños e veciñas do barrio de Fontiñas trasladaron ao grupo e que os propios socialistas puideron comprobar nunha visita recente ao barrio.
Tal e como explicou o voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, a situación afecta ao mal estado das beirarrúas, especialmente na rúa Roma, pero tamén noutras vías como as rúas Berlín e Lisboa ou o Paseo das Hortensias. «Nesas rúas, as raíces dos plátanos de sombra están a levantar o pavimento, xerando risco para os peóns e facendo que as beirarrúas sexan realmente intransitables, sobre todo para as persoas maiores ou con mobilidade reducida», sinalou Guinarte.

Estado dunha beirarrúa na rúa de Berlín / Cedida
A través desta iniciativa, os socialistas propoñen ao goberno de Sanmartín «a elaboración dun plan de actuación que pode ser en diversas fases, que inclúa a substitución destas árbores por outras máis adecuadas e, por suposto, a reposición das beirarrúas», explicou Guinarte. «O Goberno debe actuar xa para frear o deterioro dun barrio que é un exemplo de bo urbanismo e cuxos veciños e veciñas merecen un entorno coidado, seguro e digno», concluíu o voceiro socialista.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
