Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os edís non adscritos reúnense co sector para definir o voto sobre a taxa turística

Muíños, Rosón, Álvarez e Castro mantiveron xuntanzas con Unión Hotelera e coa Unión de Consumidores

Marta Álvarez, Miguel López Crespo (Ucgal), Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.

Marta Álvarez, Miguel López Crespo (Ucgal), Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños. / CEDIDA

Redacción

Santiago

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago comunicaron este mércores que estiveron a manter reunións coa Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) e coa Unión Hoteleira Compostela, «para definir o seu posicionamento definitivo na votación da ordenanza que regulará a taxa turística». Unha cuestión que se someterá á consideración do pleno o vindeiro 31 de xullo.

Logo destes encontros, as non adscritas denuncian «falta de vontade de diálogo do Goberno local», polo que a edil Mercedes Rosón reclama que «para garantir a mellor aplicación da taxa, debera procurarse consenso» e aféalle ao executivo de Sanmartín que «non houbera debate nin acordo co sector».

As non adscritas advirten que «moitas das alegacións» que recibiu a ordenanza «oriéntanse na indefinición sobre o destino dos fondos recadados». «Limítase a replicar a normativa autonómica asegurando que o 80% da recadación prevista pola recarga será destinada a investimentos e gastos vencellados co turismo sustentable, sen ningunha concreción adicional».

Insisten en que é importante que «haxa taxa pero que comece a reverter canto antes en melloras no noso Concello». Neste sentido, a edil Mercedes Rosón amósase especialmente crítica con a falta de concreción pero, «sobre todo, coa previsión que inclúe a ordenanza de crear unha nova comisión para xestionar os ingresos». Un trámite, o de crear unha nova entidade, que segundo a concelleira non adscrita, podería implicar máis tempo «e máis retrasos para que a taxa turística non só se recade, senón que sirva para mellorar Santiago».

Tracking Pixel Contents