Verea pon a ollada en 2027 e en acadar "a maioría máis grande da historia de Santiago"
O líder do PP inicia o curso político afirmando que "entramos na fase final" do mandato de coalición "tripartita"

El líder de los populares de Santiago, Borja Verea / Cedida

O voceiro do Partido Popular no Pazo de Raxoi, Borja Verea, compareceu este martes en rolda de prensa para comunicar os seus obxectivos, neste novo inicio de curso político, aínda que para el, "superado o ecuador da lexislatura, entramos na fase final do mandato". O candidato do PP á alcaldía de Compostela asegurou que o seu equipo ten xa "a ollada en 2027" e traballa para "conseguir a maioría máis grande da historia de Santiago".
Como xa ten recoñecido en reiteradas ocasións, Verea insistiu en que "temos claro que en 2027 ou hai un cambio e total ou non haberá cambio", e el e o seu equipo, "estamos aquí para liderar un cambio real, non para administrar inercias, e ese cambio só se pode levar a cabo cun mandato democrático inequívoco".
Sen agardar a unha convocatoria ás urnas e cunha contundencia xa de campaña electoral, o líder do PP asegurou ter "claro o rumbo e non nos temblará o pulso para mantelo". Unha vez máis, Verea ratificouse no "deber de liderar a oposición e de mostrar que hai outro camiño e que non aspiramos a contentar a todos, senón a gobernar ben", porque "Santiago necesita liderado e non improvisación", unha improvisación da que dende a bancada popular acusan en cada sesión plenaria ao executivo de Goretti Sanmartín.
Máis de 400 iniciativas en dous anos
O candidato do PP defendeu na rolda de prensa o seu traballo e o da súa decena de edís, "a nosa folla de servizos está a vista de todo o mundo. Temos o mellor equipo, temos máis ganas e temos demostrado o noso traballo", asegurou Verea. E para reforzar este argumento explicou que "nestes meses liderando a oposición, presentamos máis de 400 iniciativas e propostas".
"Máis de 400 propostas", insistiu o candidato do PP, "defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués, ao que hai que sumar un programa de goberno que tivo o respaldo maioritario dos composteláns".
O concelleiro posicionouse "sempre por diante dun goberno, dun tripartito, que causou unha profunda decepción incluso para os seus". Verea acusou o Goberno local de "non ter argumentos para defender unha xestión nefasta" e tildou o Bipartito e os edís que apoiaron a investidura de Sanmartín como rexedora de "coalición de minorías obscenas".
Unha coalición "fallida"
Na súa valoración do equipo de goberno en Raxoi, ao que Verea suma os edís do PSdeG e mais os agora concelleiros non adscritos, o líder do PP asegurou que "o que temos diante é unha coalición que inicialmente eran seis do Partido Socialista, seis do BNG e dous de Compostela Aberta, e que hoxe non existe ou non se sabe o que é, unha coalición fallida".
Borja Verea remontouse máis alá do actual mandanto facendo referencia aos "últimos gobernos de coalición e apoio tripartito", das outras tres forzas do inicio da lexislatura en Raxoi para poñer sobre a mesa que "non foron quen de solucionar os principais problemas que eran responsabilidade única deles". Aludía deste modo Verea a cuestións e contratos que o Bipartito aínda ten pendentes, coma os relativos a "autobuses, roturas de tubería e abastecemento", en referencia ao contrato da auga, " limpeza, tráfico e vivenda".
Foi por todo isto que argumentou, que Borja Verea quixo lanzar á veciñanza compostela a mensaxe de que "neste inicio de curso político, entrando na fase final dun goberno decepcionante, imos a seguir traballando e unha meta clara: conseguir en 2027 a maioría máis grande da historia de Santiago, co convencemento de que imos a gobernar e de que é convinte que o fagamos para consolidar en Santiago un goberno en sintonía cos valores e cos intereses das principais capitais europeas: progreso, futuro e estabilidade".
Tilda de «medidas de chichinabo» as apostas de Raxoi en turismo
Preguntado polo concurso para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo que este luns anunciaba o Concello de Santiago, o líder do PP local, Borja Verea, fixo referencia á información publicada por EL CORREO GALLEGO para criticar que todo indica que se trata «da contratación dunha empresa privada, dunha consultoría por 30.000 euros». En relación con iso Verea puntualizou que «se os problemas de turismo de Santiago se van solucionar» desa maneira o Goberno local segue a tomar «medidas de chichinabo».
O candidato popular aproveitou para lembrar a campaña do pasado verán, incluída no proxecto Fráxil, con informadores que por parellas trataban de concienciar a turistas e peregrinos en cuestións como as molestias do ruído. «A policía do ruído, esa gran medida estrela deste goberno que desapareceu», ironizou Verea, para desexar que nalgún momento o Goberno local «decida tomar en serio o turismo nesta cidade, e iso pasa por un cambio de discurso».
Borja Verea insistiu unha vez máis en que «o ADN de Santiago é de cidade aberta, cosmopolita e universal». E aproveitou para reivindicar unha política turística que inclúa unha «programación cultural de nivel, escoitar a industria turística». Verea criticou as iniciativas do Goberno local nesta materia asegurando que o que se precisan son «estratexias e medidas serias e non medidas de chichinabo».
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo