A deputación homenaxea o fotógrafo Tino Martínez
O recoñecemento insírese nas actividades paralelas do premio de creación fotógráfica Luís Ksado e tivo lugar no Museo do Pobo

Tino Martínez, entre a deputada González (esq.) e a alcaldesa Sanmartín (dta) / Antonio Hernández / Antonio Hernández Rios
O Museo do Pobo acolleu no serán deste xoves a homenaxe da Deputación da Coruña a Tino Martínez, ao que a entidade provincial declarou «fotógrafo histórico» dentro das actividades paralelas do XIX Premio Internacional Luís Ksado de Creación Fotográfica. No acto participaron a deputada de Cultura, Natividade González; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o fotohistoriador Carlos Castelao; o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato; e o propio Tino Martínez.
«Esencial para a memoria visual de Galiza», así definiu o fotógrafo histórico homenaxeado a deputada González, que describiu o seu traballo como «unha mirada rigorosa e honesta» coa que Tino Martínez «elevou a fotografía a ferramenta de testemuño, emoción e dignidade, construíndo co seu traballo un arquivo vivo da nosa identidade colectiva que é xanela á esencia do país».
González fixo tamén referencia a que «dende os seus comezos autodidactas, forxados no sacrificio e na disciplina, ata o recoñecemento internacional polas súas series documentais das romarías relixiosas galegas, dos nocturnos composteláns ou dos retratos de camiñantes, Martínez reivindicou a imaxe como linguaxe propia. O seu traballo é pegada dunha Galiza de tradicións e silencios, de devocións populares e espazos de pedra mollada».
No evento do Museo do Pobo tamén interviu a alcaldesa compostelá. Sanmartín coincidiu coa deputada Natividade González en recoñecerlle a Tino Martínez que «mirou as procesións, as festas, as ausencias, os silencios. E fíxoo dende dentro. Porque non foi nunca un intruso, nin un visitante exótico. Foi sempre un dos nosos. Con cámara e con alma. E iso nótase. As súas fotos non xeran distancia. Non as miramos dende fóra, como quen observa unha postal allea. As súas fotos interpélannos. Fannos lembrar. Porque o que Tino fixo e segue facendo é crear memoria. Non só documentar. Deixar pegada. Poñerlle imaxe a iso que ás veces nin sabemos como contar».
XIX edición do premio Ksado
Coa homenaxe a Tino Martínez, a área de cultura da deputación continúa coas actividades paralelas do XIX Premio Internacional Luís Ksado de Creación Fotográfica, iniciadas o mércores 2 de outubro na facultade de Historia, na que participou Juan de la Quintana, último gañador do certame. No mesmo día, inaugurouse no Museo do Pobo a mostra das fotografías gañadoras e finalistas, unha exposición que pode visitarse durante todo o mes.
A semana que ven, as actividades paralelas do certame trasládanse á cidade da Coruña, onde terán lugar no Centro Ágora as masterclass con Gervasio Sánchez, fotoxornalista e Premio Nacional de Fotografía (será o 9 de outubro de 16.30 a 20 horas) e do tamén fotógrafo e premio nacional Alberto García Alix (día 10 de outubro no mesmo horario). Para participar nestes obradoiros é preciso unha inscrición previa, que pode realizarse ata o 6 de outubro a través do apartado de cultura da web dacoruna.gal.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»