Marchas unificadas
Máis de 50 persoas percorren o camiño da inclusión en Santiago
A Praza do Obradoiro foi o punto de saída e chegada das Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics Galicia

Participantes na marcha e representantes públicos, onte na Praza do Obradoiro de Santiago / Cedida
Compostela acolleu onte unha etapa das Marchas Ciclistas Unificadas, unha iniciativa de Special Olympics Galicia para fomentar a inclusión a través do deporte. A cita reuniu a máis de 50 persoas con e sen discapacidade intelectual que realizaron un percorrido de 16,6 quilómetros, con saída e chegada na Praza do Obradoiro.
A tenenta de alcaldesa, María Rozas, foi a encargada de darlle a saída á proba na Praza do Obradoiro. Ao remate foi a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, quen recibiu os ciclistas e parabenizou a todos os asistentes pola súa participación.
A directora xeral de Persoas con discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, participou na inauguración, onde reafirmou «o compromiso da Xunta coas iniciativas que fomentan o deporte adaptado e garanten a inclusión das persoas con discapacidade». Ademais, recoñeceu o esforzo dos participantes.
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, tamén acudiu e sinalou que «este tipo de citas lembran que a sociedade é máis xusta cando todas as persoas poden participar en igualdade de condicións». Nesta liña, agregou que «o Goberno de España mantén o seu firme compromiso coa inclusión e co apoio a entidades que, como Special Olympics, traballan cada día pola integración real».
Percorridos nas catro provincias
As Marchas Ciclistas Unificadas están celebrando á súa décimo terceira edición como unha cita consolidada que combina deporte e inclusión, promovendo valores de respecto, igualdade e convivencia en toda Galicia. A de Compostela foi a terceira etapa dunha xeira de catro. As marchas rematan hoxe en Vilagarcía de Arousa cun percorrido polas rúas da vila no que se agarda a participación de case 70 persoas. Nos días previos celebráronse etapas en Barreiros e Pereiro de Aguiar.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene