PLANES
Axenda cultural: que facer hoxe 6 de outubro en Santiago?
Charlas, medioambiente, literatura e arte, entre as propostas para este luns en Compostela

Carmen Calvo inaugura hoxe a nova tempada de Os luns do Ateneo / SANTIAGO E.P.
A socialista Carmen Calvo inaugura os Luns do Ateneo
CHARLA. Esta tarde ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago inaugura o curso 2025-26 dos Luns do Ateneo cunha conferencia a cargo de Carmen Calvo, presidenta do Consello de Estado. Unha xornada inaugural coa exministra socialista que desta volta vai ser retransmitida en directo a través da canle de Youtube do Ateneo. A intervención, titulada Estruturas e fortalezas da democracia, aborda os desafíos que afrontan as democracias no contexto actual, afondando nos mecanismos que sustentan a súa solidez e estabilidade institucional.
Descubrir o Pedroso da man de Adega
ANIVERSARIO. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza está de aniversario, nada máis e nada menos que medio século de actividade e celébrao cunha programación que se desenvolve até o 7 de outubro e que se rexe polo lema ‘50 anos coidando a terra’. Para a xornada de hoxe a cita é no Pedroso ás 16.30, ‘Descuberta da vida das charcas’ con punto de encontro na Granxa do Xesto.

Vista desde a Granxa do Xesto / ecg
Viaxe á Casa das Máquinas cos seus rehabilitadores
VISITA GUIADA. A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza hoxe as 19 horas unha visita guiada pola Casa das Máquinas dentro das actividades para conmemorar a Semana da Arquitectura. O edificio foi rehabilitado polo estudio Terán Blanco Palacio Arquitectos e na visita vai participar un dos socios, Ramón Blanco, para explicar as particularidades da obra. Aínda que se trata dunha actividade gratuíta, é preciso confirmar a asistencia a través da web do COAG.
Un mes máis para gozar de ‘Camiño’
A mostra da artista Lola Doporto continúa un mes máis en San Martiño Pinario (até o 5 de novembro). «Hai camiños que se andan cos pés o outros que se cruzan coa alma», dixo o arcebispo de Santiago para referirse á obra de Doporto. Unha colección plástica con anxos, bispos e tamén pandeireteiras.
Castelao no Festival de Lectura SELIC
Ás 19.30h. a carpa da SELIC, na Praza da Quintana diserta sobre Castelao, desta terra e deste tempo, unha obra editada por Tempo Galiza, sobre a que charlan Manuel Rei Romeu, o autor, e Anxo Louzao, para faceren un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ao remate, Rei asinará exemplares.

A apertura da Semana do Libro de Compostela (SELIC) correu a cargo da poeta e editora Antía Otero. / Jesús Prieto
Reflexión e pensamento no Casino de Santiago
No marco dos ‘Encontros de Reflexión e Pensamento’, organizados pola Asociacion Cultural Casino de Santiago, preséntase ás 19 horas o libro de José Edelstein Trece maneras de mirar el cielo. Un evento que presenta o neurocientífico Xurxo Mariño, arredor dunha obra que trata de desentrañar o que hai en común entre un físico grego do século III a.C., Beethoven, Stephen Hawking y García Márquez.
Matute e Martín Gaite na Ánxel Casal
Entre as 8.30 e as 14 horas pode visitarse no segundo andar da Biblioteca Pública Ánxel Casal a mostra Mozas raras: centenario de Carmen Martín Gaite e Ana María Matute. Dúas escritoras da xeración dos 50, que comparten a necesidade de crear, non só a través da escritura senón tamén doutras disciplinas.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos