Máis horas de apertura e máis orzamento: as claves do novo contrato dos CSC de Santiago
O goberno local incrementa un 24% o presuposto, que chega aos 3,4 millóns de euros e divide os pregos en base a tres lotes

Vista exterior del centro sociocultural de A Trisca, uno de los que conforman la red de Santiago / REDACCIÓN

Os Centros Socioculturais de Santiago estrean nova etapa. O concelleiro de centros socioculturais (CSC), Xan Duro, presentou este luns o contido dos pregos do contrato de servizos, un documento "complexo e moi importante que mellorará a rede de CSC da que xa estamos moi orgullosos", afirmou.
Trátase dun contrato moi agardado e frecuentemente criticado polo PP local en relación coa súa demora e coas condicións do persoal traballador. Este mesmo luns o edil José Ramón de la Fuente denunciaba que "os nacionalistas non escoitan o persoal nin os usuarios". Falaba desta volta en relación coas incidencias do inicio de curso -a pasada semana- no CSC de Santa Marta, onde faltaron profesores. A este respecto Duro asegurou que os problemas están solventados.
O contrato que agora se licita e para o que as empresas que concorran terán 35 días naturais para presentaren as súas propostas, ten un orzamento base de 3.398.323 euros, o que supón unha suba do 24% respecto do contrato anterior, co que tamén difire no número de lotes que saen a licitación, pasando de catro a tres sen perder ningún servizo. "Cada ano investiremos na rede de CSC uns 400.000 euros máis", afirmaba Duro ao indicar que a concesión do servizo estará vixente por dous anos prorrogables outros dous.

A concesión do servizo dos CSC estará vixente por dous anos prorrogables outros dous / Jesús Prieto
Tres lotes de servizo e máis horas de atención
O primeiro dos lotes que conteñen os pregos refírese á atención ao público, segundo do concelleiro Xan Duro do que se trata é de que algúns dos CSC, coma o do Ensanche ou Vite, funcionen tamén "como punto de atención personalizada" e centro do contacto co barrio no que se localice o CSC.
Para levar a cabo esta misión haberá centros con horario de atención de mañá e de tarde, de luns a venres e sábado pola mañá, aínda que os que acollen un maior número de usuarios e actividades, coma o Maruxa e Coralia da cidade vella tamén abrirán o sábado pola tarde. "Son máis de 19.000 horas, 4.000 por riba do contrato anterior", destacou o concelleiro, que indicou que o orzamento deste lote se sitúa arredor dos 785.000 euros.
O segundo dos lotes refírese á Biblioteca José Saramago, creada hai 25 anos no CSC de Vite e hoxe en día con salas en Fontiñas, Conxo, Castiñeiriño, Santa Marta, Ensanche e Maruxa e Coralia, contando con máis de 6.000 usuarios. No novo contrato terá protagonismo a creación da web da biblioteca, coa que se pretende tamén fortalecer a intercomunicación das bibliotecas de centros á hora da realización de préstamos. Neste colector cultural o número de horas de atención ao ano sitúase nas 10.600 e conta cun orzamento de 629.813 euros.
Finalmente, segundo especificou o edil, o terceiro lote condensa o que nos anteriores pregos do contrato estaba dividido en dous servizos. Baixo o epígrafe 'Dinamización e mediación sociocultural', do que se trata é de programar as actividades regulares dos centros, as extraordinarias (coma as que se organizan no Nadal ou no Entroido) e tamén outra "singulares" que a adxudicataria propoña nalgunha data concreta e sobre unha temática de importancia ou especial relevancia no barrio do CSC.
Ademais do xogo e do lecer, este terceiro lote ao que se lle asignan 6.000 horas ao ano, tamén contempla a programación de actividades de informática e vinculadas ao mundo dixital, "algo amplamente demandado, e non pola xente máis moza, senón sobre todo pola xente maior", puntualizou o concelleiro Xan Duro. O orzamento deste terceiro lote ascende a 1,9 millóns de euros.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber