Tribuna Libre
Unha protesta con fundamento

Los alumnos de Bachillerato del IES Rosalía de Castro, en la protesta de ayer por no dejarles salir en el recreo. / Antonio Hernández
Santiago Lago Peñas
As protestas do alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela pola prohibición de saír do recinto no recreo non son un capricho xuvenil. Teñen fundamento. Estamos a falar dun centro nun edificio histórico, con limitacións evidentes de espazo para acoller a centos de rapaces e rapazas que precisan moverse, airearse e relacionarse. A alternativa, pechalos en patios insuficientes ou corredores ateigados, non favorece nin ao seu benestar físico nin á súa saúde emocional.
O problema non é exclusivo deste instituto, mais aquí maniféstase con especial intensidade. E, como ocorre tantas veces, a solución estrutural sería custosa e levaría anos: novas instalacións, máis espazos, reformas. Ademais, recluílos é unha decisión que choca co sentido común. Estamos a falar de mozos que xa andan sós polas rúas fóra do horario escolar e que, en non poucos casos, en menos dun ano estarán na universidade noutra cidade, vivindo como adultos.
Non ten lóxica tratalos como se estivesen en primaria; non o facemos as familias, porque a educación tamén consiste en conceder progresivamente liberdade para aprender a manexarse no Mundo con responsabilidade.
Doutra banda, é certo que a Xunta e a dirección teñen responsabilidade legal; e que non pasa nada ata que pasa. Mais non semella que sexa insalvable. Igual que un neno pode saír de excursión con autorización expresa dos pais, tamén un estudante de bacharelato pode contar cun permiso formal para abandonar o recinto no recreo.
Chegar a un modelo seguro é factible: autorización familiar, responsabilidade xurídica clara e sanción exemplar para o estudantado que sen ter o permiso dos seus pais saia do centro. O que cómpre é adaptar a norma á realidade social e as circunstancias e non pretender que sexa a realidade a que se dobre á política pública.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos