Santiago
Verea propón a construción de vivenda 100 % pública e «parar a mercantilización de solo»
O líder do PP reclama que o Goberno local ceda dúas das parcelas que sacou á venda e para as que non se atoparon compradores

Borja Verea, líder do PP de Santiago / Cedida
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, vén de propoñer «a paralización da venda do solo público a empresas privadas e destinalo á construción directa de vivenda 100 % pública». Verea fixo estas declaracións despois da publicación neste diario do procedemento aberto por Raxoi de alleamento de parcelas municipais para construír vivenda protexida, onde só se recibiron ofertas por dúas das catro que se puxeron á venda. O xefe da oposición en Compostela considerou que isto foi un «evidente fracaso do negocio obsceno que intenta facer o goberno de BNG e Compostela Aberta desfacéndose do solo público de todos os santiagueses».
Nesta liña, subliñou que «a falta de iniciativa e de xestión dos nacionalistas quedou evidenciada tras os datos que se fixeron públicos esta semana, xa que afortunadamente coñecemos que non foron quen de vender máis que dúas parcelas». Fronte a isto, reclamou que o goberno compostelán ceda ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) «con carácter inmediato as dúas parcelas resultantes co fin de que se poidan construír vivendas 100% públicas e que non inclúan o beneficio industrial das construtoras privadas».
Prezo dos pisos
Verea engadiu que «os pisos privatizados polo BNG terán, como mínimo, un prezo de 180.000 euros para 80 m2 e os que propoñemos nós serán máis accesibles, 100 % públicos e terán un prezo bonificado de 100.000 €, por 80 metros cadrados, xa que se trata de prezos subvencionados que ademais non inclúen nin o beneficio industrial nin o prezo do solo».
O voceiro dos populares foi máis alá e responsabilizou o « tripartito de BNG, CA e PSOE» da subida do prezo dos alugueres na última década e subliñou que «as promesas feitas polos gobernos de CA, PSOE e BNG quedaron en nada, xa que da empresa pública de vivenda nada se sabe; o rexistro de soares, paralizado xudicialmente; a declaración de zona tensionada presentárona con cortas e pega de páxinas webs; e, a maiores, non se construíu nin unha soa vivenda pública e non hai dispoñible nin un só alugueiro público municipal».
Propostas de vivenda
Ademais, lembrou as propostas en materia de vivenda da súa formación. Entre elas, figuran a creación dunha empresa pública de vivenda; a posta en marcha dun banco público de residencias en alugueiro, centrado en recuperar vivendas baleiras; as bonificacións do IBI a aqueles propietarios que poñan os seus pisos en alugueiro; e dirixir as políticas á «protección do propietario, creando un auténtico Estatuto do Propietario en Aluguer para mobilizar as vivendas baleiras».
Do mesmo xeito, Verea propuxo flexibilizar as normas do casco histórico, modificar o Plan Xeral para facilitar nova construción, dotar de máis recursos para as áreas de rehabilitación integral ou a conversión de vivendas en baixos en determinadas zonas.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos
- Conciertos de noviembre en Santiago