Aberta a solicitude de praza para conciliar en Santiago nos períodos non lectivos
‘Compostela Concilia’ simplifica os trámites para as familias e mantén as procentaxes de bonificación

A edil de Educación, Míriam Louzao / CONCELLO

A edil de Educación, Míriam Louzao, compareceu este luns para dar conta dos acordos adoptados pola xunta de goberno local, entre os que un dos máis destacados é a apertura para darse de alta e solicitar praza no programa de conciliación de períodos non lectivos Compostela Concilia. Un proxecto do que resultou adxudicataria a empresa Atlantic Ponte.
A inscrición para este programa refírese ás tempadas de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán. «As familias terán xa dispoñible dende agora os períodos de cobertura, os prezos e as demais características deste servizo de conciliación», comentou Míriam Louzao, que quixo facer fincapé en que «a principal novidade ao ser este servizo anual é que as familias terán dende agora a información para todo o curso».
Entre os cambios, a Concellería de Educación de Santiago simplifica os trámites de solicitude e entregarase «a documentación para darse de alta só unha vez e despois só terán que ir activando as quendas que precisen, sen ter que volver facer todo o trámite completo en cada quenda»
As familias solicitantes seguirán tendo ao seu dispor, segundo os seus recursos económicos, bonificacións do 50 e nalgún caso do 100% destes prezos e, ademais, «coñecerán xa as datas de solicitude de cada quenda e o día no que se lles comunicará se teñen praza, que será con tempo suficiente antes do inicio da actividade», apuntou a concelleira. Así mesmo, a edil lembrou que estas datas serán «as mesmas que as da ludoteca María Miramontes para facilitar que poidan acceder ao programa que máis lles interese».
Para esta edición de Compostela Concilia prevense un total de 1.320 prazas de actividades, as mesmas de xantar, que se aumentan nun 60%, e 360 de almorzos. Ademais, resérvase por quenda un 3% adicional para nenos con necesidades específicas de apoio pensadas para unha ratio dun monitor por neno.
Licenza para a ampliación do instituto Lamas de Abade
O Concello de Santiago vén de concederlle á Consellería de Educación a licenza de obra para a ampliación do IES Lamas de Abade. Unhas actuacións valoradas en más de 600.000 euros que van afectar ao volume sur, equiparándose en altura co norte. A edil Míriam Louzao explicou que «este novo andar distribúese nun núcleo de comunicación, aseos, seis aulas, dúas de desdobre e unha saída á escaleira de emerxencia».
A xunta de goberno local tamén deu luz verde á licitación do servizo de mantemento do parque arqueolóxico da Rocha Forte. Cun orzamento de 90.000 euros, a adxudicataria asinará un contrato por tres anos e deberá ocuparse da roza, limpeza e «consolidación arqueolóxica do xacemento». No caso da roza deberán empregarse tratamentos herbicidas non residuais «para non afectar o solo arqueolóxico».
A xunta de goberno aprobou tamén este luns abrir o prazo de adhesión dos establecementos comerciais á segunda quenda dos Bonos Corazón Compostela 2025, que conta cun orzamento de 300.000 euros.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos