Máis de dous mil euros en compras nun só día grazas á campaña ‘Merca e Gaña25’

Os premiados coas tarxetas prepago da Asociación Comercio Punto Compostela. / Cedida
Redacción
Intensa sesión de compras a que se viviu este luns en Santiago grazas á campaña Merca e Gaña25, organizada pola Asociación Comercio Punto Compostela. Unha xornada na que os gañadores das tarxetas prepago sorteadas nesta iniciativa, -dúas de 500 euros e unha de 1.000 euros-, puideron canxear estas cantidades nos establecementos pertencentes á asociación, gastando os seus premios nunha soa xornada.
Participaron membros da directiva da asociación, acompañando os premiados ao longo do seu percorrido polos diferentes comercios asociados.
Unha iniciativa máis coa que a entidade segue a reforzar o seu compromiso coa dinamización do pequeno comercio, fomentando a fidelización da clientela e premiando a súa confianza.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Santiago elige estos dos días como sus festivos locales en 2026
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos
- La historia del peor asesino de Santiago: cuatro muertos en Marrozos
- Raxoi explicará a los vecinos las nuevas restricciones en la zona vieja que ‘vetan’ negocios turísticos