Homenaxe a Calvet en Santiago: a ciencia reivindícase como espazo de diálogo e dignidade
No seu día na comunidade lembra a figura dun químico que encarna «a Galicia que investiga, innova e crea riqueza desde o coñecemento»

Galardoados coas Medallas de Investigación da RAGC e autoridades asistentes ao acto en Santiago. / Jesús Prieto
K. Martínez
o Día da Ciencia en Galicia homenaxeou ao químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedés, 1903-Barcelona, 1988) como símbolo da «Galicia que investiga, innova e crea riqueza dende o coñecemento e o compromiso co país», segundo o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, que dixo que «o seu exemplo amósanos que a ciencia non pode permanecer illada; debe dialogar co territorio e cos sectores produtivos, poñerse ao servizo do país».
O acto tivo lugar no Colexio de Fonseca presidido polo reitor da USC, Antonio López, e contou coa asistencia da alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora de GAIN, Carmen Cotelo; o director da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e os reitores das universidades de Vigo e da Coruña, Manuel J. Reigosa e Ricardo Cao; así como a secretaria do Consello da Cultura Galega, Elena Vázquez; a delegada do CSIC en Galicia, Carmen González, e o presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, Ángel Concheiro.
Precursor da economía circular
Lema lembrou que Calvet tiña a capacidade de «transformar o coñecemento en innovación e a innovación en desenvolvemento», e que nos trinta anticipou conceptos actuais como a economía circular. Considerou que «nun mundo marcado polos conflitos e a polarización, a ciencia debe seguir sendo un espazo de razón, diálogo e defensa da dignidade humana».
Antonio López definiuno como «un absoluto transformador da Universidade», na que o introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na USC, ademais de pioneiro na aplicación da química á industria foi profesor.
O catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC e académico da RAGC Manuel Freire fixo a semblanza de Calvet, ao que se referiu como «pioneiro da biotecnoloxía en Galicia».
Medallas de investigación
Na cerimonia organizada pola Real Academia Galega de Ciencias en Santiago, a entidade fixo entrega das súas medallas de investigación que, en palabras do seu presidente, «o seu valor vén dado pola excelencia, a humanidade e o compromiso das persoas premiadas, que co seu traballo engrandecen a ciencia galega e proxéctana no mundo».
Os distinguidos foron o catedrático da UDC e investigador do CICA Francisco J. Blanco, referente internacional no campo da Reumatoloxía e recoñecido por aplicar tecnoloxías computacionais avanzadas no diagnóstico e tratamento de doenzas reumáticas; a catedrática de Dereito Internacional Privado da UVigo e decana da facultade de Relacións Internacionais, Laura Carballo, distinguida polo seu compromiso coa mellora das condicións dos traballadores do mar; o catedrático de Física Aplicada da UVigo Juan María Pou, centrado na aplicación do láser na industria, a saúde e a sostibilidade; a catedrática de Ciencias da Computación da UDC e destacada investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa, e a catedrática de Enxeñaría Química a UDC e investigadora do CICA Mª Carmen Veiga.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Subastan dos locales en Área Central de un fondo luxemburgués con bienes en Santiago
- Caótica mañana en la AG-56: un coche es pasto de las llamas y otros seis chocan entre sí
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Nueva apertura en la ‘milla de oro’ de Santiago: abre una juguetería en Montero Ríos